Listeners:
Top listeners:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Boqueixón, 21 de novembro de 2025.- A Escola Judo Club Boqueixón e o Concello de Boqueixón organizan un obradoiro de defensa persoal para mulleres e mozas do municipio. Terá lugar o venres 28 de novembro, de 20:00 a 22:00 horas, no ximnasio municipal do Forte. A participación é totalmente gratuíta, se ben é preciso anotarse previamente no mail: escolajudoclub@gmail.com.
Esta iniciativa está incluída no marco do proxecto Iberdrola Judo Rural e consistirá nunha sesión práctica, segura e adaptada para todos os niveis onde as mulleres participantes aprenderán técnicas básicas de autoprotección, prevención e confianza corporal.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)