Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today14 noviembre, 2023
A Xunta de Goberno do Concello de Santiago de Compostela autorizou este luns a subida da tarifas dos aparcadoiros da Praza de Galicia e Romero Donallo.
Así, acordouse aprobar as tarifas do aparcadoiro público de Praza de Galicia consonte ao informado pola inspectora técnica de servizos, o que supón unha suba do 14,35 % con respecto á última revisión de tarifas aprobada o 11 de abril de 2013. Agora mesmo neste aparcadoiro ten un custo de 1,95 euros a primeira hora, ainda que ten autorización para cobrar 2 euros.
Doutra banda as tarifas do aparcadoiro público de Romero Donallo ten unha suba do IPC dun 5,70 % con respecto á última revisión de tarifas aprobada o 14 de novembro de 2022. Neste caso cóbrase na actualidade 2,25 euros, aínda que se lle concederon 2,30 euros.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)