AD

Comarca

Os Bonos Consuma xeraron preto de 250.000€ de gasto no comercio local de Ames

today7 enero, 2026

Fondo
share close
AD

O orzamento de 60.000€ esgotouse en menos de dúas semanas,  consolidando deste xeito os Bonos Consuma como un gran atractivo para os clientes e unha gran axuda para os comerciantes

Nesta edición adheríronse á campaña un total de 108 establecementos comerciais e hostaleiros de Ames de practicamente todos os sectores

Ames, 7 de xaneiro de 2026.- O Concello de Ames, a través da Concellería de Promoción Económica, iniciou o pasado 19 de decembro unha nova campaña das tarxetas desconto “Bonos Consuma”, esgotándose o orzamento de 60.000 euros destinado ao programa en menos de dúas semanas. Así mesmo, xerouse un volume de negocio total de 249.750,62 euros nos 108 establecementos e comercios adheridos á campaña deste ano. O obxectivo desta iniciativa foi incentivar ao consumo do comercio e hostalaría local nestas datas de Nadal. Durante o período que estiveron dispoñibles os descontos, descargáronse un total de 3.282 bonos.

O pasado 19 de decembro o Concello de Ames puxo en marcha unha nova edición das tarxetas desconto “Bonos Consuma”, unha iniciativa que busca promover o consumo e gasto no comercio local, así como axudar á veciñanza a aforrar nas súas compras de Nadal. Desta volta, esgotouse o orzamento de 60.000 euros destinados ao programa en menos de dúas semanas, consolidando deste xeito os Bonos Consuma como un gran atractivo para os clientes e unha gran axuda para os comerciantes.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, fixo un balance moi positivo desta edición dos Bonos Consuma, “que están plenamente consolidados como un clásico do Nadal en Ames que a veciñanza apoia e espera ano tras ano. Seguiremos explorando vías de colaboración co noso comercio local nesta dirección e, por suposto, manteremos os Bonos Consuma como unha ferramenta clave de apoio ao consumo de proximidade e á dinamización da economía local”.

Esta edición adheríronse á campaña un total de 108 establecementos comerciais e hostaleiros de Ames de practicamente todos os sectores: zapaterías, decoración, establecementos de estética, moda e complementos, moda infantil… En total descargáronse 3.282 bonos durante o período no que estivo dispoñible o saldo destinado á iniciativa. Xerouse un gasto de 249.750,62 euros nos comercios e establecementos de Ames.

Datos sobre o gasto xerado

A maior parte do gasto xerado polos Bonos Consuma repercutiu no comercio polo miúdo, cun volume de negocio de 228.544,96 euros. Pola súa banda, os servizos persoais concentraron un gasto de 14.830,57 euros, mentres que a hostalaría rexistrou un total de 4.168,19 euros.

Unha gran axuda ao comercio local

Deste a súa posta en marcha por primeira vez en 2021, os Bonos Consuma non deixan de medrar edición tras edición. A iniciativa naceu co obxectivo de incentivar e potenciar o consumo no comercio local amesán e axudar á veciñanza a aforrar nas súas compras de Nadal.

Cada persoa maior de 18 anos puido descargar un único bono por importe de 50 euros e puido usarse ata o seu esgotamento ou ata o esgotamento do crédito dispoñible no programa.

O Concello de Ames destinou un total de 60.000 euros aos Bonos Consuma que foron integramente para a adquisición dos bonos. A facilidade de descarga e uso dos descontos, a través dunha aplicación móbil, favoreceron ao seu uso por parte dos usuarios.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *