AD

Deportes

Os equipos xuvenís do Milladoiro SD proclámanse campións de Liga e logran o ascenso

today11 mayo, 2026

Fondo
AD

O equipo xuvenil A acadou o ascenso á Liga Galega e consolídase como un dos referentes da categoría

Pola súa banda, o equipo xuvenil B proclamouse campión de Terceira, logrando así o salto á Segunda División, tras unha tempada marcada pola constancia, o traballo e o compromiso colectivo

Deste xeito, a canteira do Milladoiro SD segue medrando e demostrando que o traballo ben feito sempre ten recompensa

Ames, 11 de maio de 2026.- Os dous equipos xuvenís do Milladoiro Sociedade Deportiva acadaron o título de Liga e o correspondente ascenso de categoría. O equipo xuvenil A acadou o ascenso á Liga Galega e consolídase como un dos referentes da categoría. Pola súa banda, o equipo xuvenil B proclamouse campión de Terceira, logrando así o salto á Segunda División, tras unha tempada marcada pola constancia, o traballo e o compromiso colectivo. Deste xeito, a canteira do Milladoiro SD segue medrando e demostrando que o traballo ben feito sempre ten recompensa.

O Milladoiro SD vén de realizar unha temporada histórica no fútbol base. Esta pasada fin de semana os dous equipos xuvenís acadaron o título de liga e o correspondente ascenso de categoría.

O equipo xuvenil A certificou o ascenso á Liga Galega e consolídase como un dos referentes da categoría. Por outra banda, o equipo xuvenil B proclamouse campión de Terceira, logrando así o salto á Segunda División, tras unha tempada marcada pola constancia, o traballo e o compromiso colectivo.

Este dobre éxito supón un fito sen precedentes para o Milladoiro SD, que ve recompensada unha traxectoria de anos baseada no esforzo, a formación e unha aposta firme polo fútbol base. O traballo coordinado de xogadores, corpo técnico e estrutura deportiva permitiu construír un proxecto sólido que hoxe recolle os seus froitos.

Desde o Milladoiro SD quérese destacar o orgullo que supón este logro para toda a familia do club e para a contorna, así como agradecer o apoio constante das familias, afeccionados e colaboradores. Ademais, destacan que o futuro preséntase ilusionante para unha canteira que segue medrando e demostrando que o traballo ben feito sempre ten recompensa.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *