AD

Actualidad

Os propietarios da parcelaria de Gonzar, en O Pino, poden solicitar as novas fincas a partir do día 29

today17 abril, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

  • A elaboración da enquisa de acordo farase no local social, por datas e horario segundo as aldeas
  • O 16 de xuño remata o prazo para solicitar os cambios de titularidade das propiedades actuais
  • Hai dous meses para actualizar as construcións feitas, aportando a licenza municipal e o levantamento topográfico
  • A veciñanza foi informada nunha reunión celebrada na casa da cultura á que asistiron o alcalde, a xefa do Servizo de Estruturas Agrarias e técnicos da empresa que elabora os traballos   

O Pino. 17-4-2024.- A concentración parcelaria de Gonzar II inicia unha nova fase nesta parroquia do Pino. Os propietarios de terreos poderán manifestar a partir do día 29 de abril que parcelas lles gustaría recibir. A elaboración da enquisa de acordo (como se chama este proceso) vaise desenvolver no local social de Gonzar dende o día 29 ata o 16 de maio, citando a veciñanza segundo a aldea na que residen. Ata o 16 de xuño poderá solicitarse tamén o cambio de titularidade das parcelas e actualizar os datos das construcións existentes.

Nunha reunión celebrada na casa de cultura de Arca, a xefa do Servizo de Estruturas Agracias da Consellería do Medio Rural informou á veciñanza dos pasos a seguir, e avanzou como estaba o proceso desta parcelaria. Unhas oitenta persoas asistiron a esta xuntanza, na que tamén estivo presente o alcalde, Manuel Taboada Vigo.

Os planos desta concentración parcelaria pódense consultar no local social de Gonzar.

Enquisa de acordo

O luns 29 de abril, técnicos da empresa Esproagro Ingeniería desprazaranse ata o local social de Gonzar para comezar cos traballos de elaboración da enquisa de acordo, na que os propietarios de terreos poderán solicitar as parcelas que lles gustaría recibir cando remate o proceso.

A reunión cos propietarios farase en diferentes datas, segundo a aldea na que residan, con seguinte calendario.

  • Rabal de Arriba e Rabal de Abaixo: 29 de abril (10.00-14.00 e 15.30-18.00 h) e 30 de abril (10.00-14.30 h)
  • Lameiro,Castriños e Cabanelas: 2 de maio (10.00-14.00 e 15.30-18.00 h) e 3 de maio (10.00-14.30 h)
  • Vilar e Bugalleira: 6 de maio (10.00-14.00 e 15.30-18.00 h) e 7 de maio (10.00-14.30 h)
  • Gonzar e San Andrés: 8 de maio (10.00-14.00 e 15.30-18.00 h) e 9 de maio (10.00-14.30 h)
  • Pumar, Amarelle e San Gregorio: 10 de maio (10.00-14.30 h) e 13 de maio (10.00-14.00 e 15.30-18.00 h)
  • Non residentes na parroquia: 14 e 15 e maio (10.00-14.00 e 15.30-18.00 h) e 16 de maio (10.00-14.30 h)

Cambio de titularidade ata o 16 de xuño

Por outra banda, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural estableceu o 16 de xuño como data límite para solicitar cambios de titularidade das parcelas base (as actuais fincas).

A partir desa data, e ata o momento que remate a parcelaria, tan so se admitiran as solicitudes de cambio de titularidade das parcelas actuais sempre que o cambio afecte á totalidade das parcelas achegadas por unha persoa titular e a transmisión se faga integramente a outra.

En todo caso, segundo informa a Xunta, a persoa que adquira e reciba ditas parcelas quedará subrogada na posición do titular anterior, coas limitacións, deberes e obrigas que resulten do proceso.

Actualización das construcións ata o 16 de xuño

Así mesmo, os propietarios teñen dous meses de prazo para solicitar a actualización dos elementos construtivos nos planos da parcelaria de Gonzar. Este prazo comeza o 17 de abril e remata o 16 de xuño de 2024.

Ademais da solicitude, os propietarios deberán presentar a correspondente licenza municipal e o levantamento topográfico do perímetro da construción en formato dixital.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%