AD

Arte y Cultura

‘Outono a escena’ enche de teatro e música Arzúa esta fin de semana

today5 noviembre, 2025

Fondo
share close
AD

Arzúa, 5 de novembro de 2025. O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para esta fin de semana, as dúas primeiras actuacións do mes de novembro incluídas na programación cultural Outono a escena que está a dinamizar as fins de semana outonais con actuacións de artes escénicas e musicais para todos os públicos.

O certame ofrece este venres, 7 de novembro, outra sesión dos chamados Venres na capela que achegan propostas para público adulto. Neste caso contarase co espectáculo de teatro cómico Neura da compañía De Ste Xeito Producións.

Trátase dunha comedia que aborda o tema da saúde mental. Os protagonistas conviven con teimas propias e alleas. Tentan agochar algunhas, exhiben outras, en ocasións búscanlles tratamento, pero sempre sofren por elas. Neura non é unha comedia romántica na que Edu e Sonia, que xa remataran no pasado a súa historia de amor precisamente por mor deses pequenos trastornos, agora son esa categoría difusa á que chamamos ex. Xente da que sabemos ata o seu grupo sanguíneo, pero coa que actuamos como perfectos descoñecidos. A función comezará ás 21:00 h. na Capela da Madanela e será de acceso libre e gratuíto ata completar a capacidade.

Por outra banda, o sábado día 8 a Rondalla Moraima ofrecerá o terceiro dunha serie de concertos con motivo da conmemoración do seu 25 aniversario. Desta vez a formación arzuá deleitará ao público co espectáculo titulado Música sen palabras cun repertorio composto unicamente por pezas clásicas. A cita será a partir das 19:00 h. na Capela da Madanela.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *