Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today18 noviembre, 2023
Pola esquerda: Begoña Villarverde Rey, Mariló Saco Vigo (Concelleira), Sara Saborido Rey e Claudia Fernández Estrada durante a gravación do vídeo
Padrón. 17-11-2023.- O Concello de Padrón publica hoxe un vídeo con testemuñas reais de tres mulleres da localidade vítimas de maltrato, que puideron recon11ducir as súas vidas logo de denunciar aos seus agresores o recibir o apoio de profesionais especializadas en violencia de xénero como as que traballan no Centro de Información á Muller Terras de Iria.
Desde o ano 2020, o CIM localizado en Padrón atendeu un total de trinta e un novos casos de violencia machista. No audiovisual, expóñense situacións reais vividas por tres das vítimas, mulleres ás que lles prestan imaxe e voz as veciñas de Padrón Claudia Fernández, Sara Saborido e Begoña Villaverde coa fin de garantir o anonimato das vítimas.
O CIM de Padrón escolleu, ademais, tres perfís completamente distintos para poder visibilizar que calquera muller pode ser vítima da violencia machista, unha violencia gratuíta e estrutural que deixa marcas e afecta non só as propias agredidas senón tamén as súas familias e a toda a sociedade.
O obxectivo é sensibilizar á veciñanza de que a loita contra a violencia de xénero é deber de todas as persoas, á vez que se lles mostra as mulleres algunhas pautas comúns de relacións tóxicas para que sexan quen de identificalas. Ao tratarse de historias de superación, anímase tamén ás vítimas a denunciar e pedir axuda para deixar atrás o maltrato.
O vídeo, producido pola empresa compostelá Alicentis, enmárcase nas accións que Padrón leva desenvolvendo ao longo deste mes de novembro como apoio á conmemoración o vindeiro sábado 25 do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
A programación co gallo do 25N inclúen actividades de sensibilización nos centros educativos, a celebración o venres 24 dun vídeoforum para reflexionar sobre os roles de xénero coa excusa do visionado da película ‘Matria’.
O Concello de Padrón quere agradecer especialmente a colaboración das tres mulleres que protagonizan o vídeo e a colaboración de Silvia’s Look eco-salón de belleza.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)