AD

Comarca

Padrón, Rois e Rianxo mandan tres camións con axuda humanitaria para as vítimas da DANA

today11 noviembre, 2024

Fondo
share close
AD

 

  • Transportes Carnota González fai o traslado de xeito gratuíto e ten previsto chegar mañá a Alfafar e Aldaia
  • Anxo Arca e Ramón Tojo agradecen a colaboración da veciñanza e das empresas implicadas nesta iniciativa

Padrón-Rois. 11-11-2024. Tres camións da empresa roisense Transportes Carnota González chegarán mañá as localidades valencianas de Alfafar e Aldaia con axuda humanitaria para as vítimas da DANA recollida polos concellos de Padrón, Rois e Rianxo. Arxo Arca e Ramon Tojo, alcaldes de Padrón e de Rois, respectivamente, agradecen a colaboración da veciñanza e das empresas implicadas con esta iniciativa

Produtos de limpeza, sanitarios e de hixiene persoal para o coidado de bebés e anciáns, alimentación non perecedoira para todas as idades; apeiros de limpeza e botas de auga, roupa, auga e leite conforman gran parte da axuda humanitaria que traslada ata Valencia de xeito gratuíto Transportes Carnota González.

Mario e Luis Carnota, propietarios da empresa  de transporte, explican que se ofrecen a trasladar o material ata Valencia, porque levan anos traballando nesa zona e teñen amizades.

Alcalde de Rois e concelleiros do goberno, na nave de Transportes Carnota González mentres cargan os camións | Cedida

Dous dos camións dirixiranse ao municipio de Alfafar. “Contactamos co alcalde e quedaron de esperarnos para organizar, dende o Concello, a descarga de dous camións para repartir a axuda entre a veciñanza”, sinala Mario Carnota. O outro tráiler dirixirase a un centro hípico de Aldaia, que está moi preto do centro comercial de Bonaire, engadiu o empresario roisense.

Ramón Tojo agradeceulle aos dous irmáns Carnota, así como ao resto da veciñanza, a súa colaboración desinteresada nuns momentos nos que tanta xente o está pasando mal.

Anxo Arca reiterou o agradecemento aos transportistas, e tamén a toda a veciñanza que colaborou coa iniciativa, destacando a implicación das empresas e entidades padronesas Almacenes Eladio, perruquería A de Aarón, Club Ciclista Padronés, Club Deportivo Sar e a todas as persoas voluntarias que axudaron a recoller e clasificar o material.

GES de Padrón

Ademais desta axuda humanitaria, e respondendo ao chamamento realizado pola Federación Española de Municipios e Provincias para mobilizar recursos, a semana pasada trasladáronse a Valencia cinco efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Padrón que estiveron a realizar achiques, limpezas, buscas e retiradas de vehículos na zona afectada pola DANA, entre outras tarefas.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *