Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O Concello de Padrón acolle o Campionato de España de billar a Tres Bandas coa presenza de 165 participantes que converterán á vila no epicentro deste deporte ata o vindeiro sábado 27 de xaneiro.
O alcalde, Anxo Arca e o concelleiro de Deportes, Luis Marino, asistiron ao acto de presentación desta cita e animaron ás persoas inscritas a “desfrutar do noso pobo”.
Na súa intervención, o rexedor destacou o esforzo do Concello por “promover eventos con repercusión a escala nacional”.
Anxo Arca destacou tamén a “notable calidade” dun campionato que alcanza a súa 90 edición e que inclúe ata 48 partidos diarios previos á Fase Final.
O Hotel Scala acolle esta cita con 165 participantes de 14 das 17 comunidades autónomas, sendo Galicia a que máis aporta, cun total de 34.
Entre eles estará o actual subcampión do mundo, o madrileño Rubén Legazpi; o campión mundial Sub21, Marcos Morales; ou campión panamericano e nacionalizado español, Robinson Morales; o campión do mundo Sub22, Carlos Anguita.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)