Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Tralo parón estival, o Luis Penido Rally Team reanuda esta próxima fin de semana a sua andaina internacional no Campionato de Europa de Montaña (FIA eHC) en Saint Ursanne – Les Rangiers (Suiza), onde o piloto santiagués estará presente por cuarto ano consecutivo.
O trazado helvético evoca recordos inmellorables para a estructura galega. Foi, precisamente, nas rampas de Saint Ursanne onde Penido se proclamou, matemáticamente, Campión de Europa do Grupo 5 na pasada tempada 2025. A este hito histórico súmase a quinta posición do grupo obtida na edición de 2024, o que ratifica o excelente idilio do piloto compostelán coa rapidísima pista suiza.
«Saint Ursanne é unha carreira sumamente especial para todo o equipo; aquí tocamos o ceo o ano pasado ao acadar o título europeo. Tras un inicio de ano intenso por toda Europa, e o necesario descanso veraniego, voltamos á competición co Mini, totalmente revisado e coa máxima motivación. O obxetivo é rodar rápido dende os entrenamentos, afinar o ‘set-up’ do coche e pelexar de novo polos postos de privilexio do Grupo 5 frente aos especialistas locáis», afirmou Penido.
A cita desta fin de semana marca a reactivación dun exixente periplo europeo neste 2026. Penido xa mediu forzas este ano en 5 complexas ascensións en Austria, España, Portugal, República Checa e Alemaña.
A actividade na rampa suiza concentrarase, de forma intensa, nas xornadas do sábado, 15 de agosto, coas mangas de entrenamentos libres e cronometrados (07:00 a 18:00 h) e do domingo, 16 de agosto, coas subidas oficiáis de carreira, que determinarán a clasificación final do FIA eHC (07:00 a 18:00 h).
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)