AD

Destacado

Principio de acordo entre Concello e Xunta para impulsar o aparcadoiro do CHUS

today2 mayo, 2024

Fondo
share close
AD

Foto: Recreación do aparcadoiro do CHUS proposto, na pasada campaña electoral, polo PP de Santiago

02/05/2024 Concello e Xunta acordaron hoxe impulsar un protocolo marco para o aparcadoiro e a ordenación urbana do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Esta tarde tivo lugar un encontro de traballo entre a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e os novos responsables dos departamentos autonómicos de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, e de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, no que se sentaron as bases para mellorar a situación de mobilidade e ordenación na contorna do centro hospitalario. No xuntanza tamén participaron os concelleiros de Mobilidade, Xan Duro, e de Urbanismo, Iago Lestegás.

En próximas semanas ambas as administracións pecharán o protocolo marco de colaboración no que se concretarán a contratación da redacción do proxecto de interese autonómico (PIA) para a ordenación do ámbito e do proxecto para o novo aparcadoiro.

Sobre o financiamento das actuacións do ámbito do PIA que se estimen necesarias, ambas as partes acordaron valorar a achega dun 80% por parte da Xunta e dun 20% por parte do Concello. O compromiso da Administración autonómica inclúe tamén a confinanciación das actuacións de saneamento e abastecemento municipal, cunha achega de 3,5 millóns de euros.

Na reunión tamén se puxeron en común os avances realizados nos últimos meses pola Xunta e o Concello para mellorar a mobilidade e garantir prazas de aparcadoiro na contorna.

A Xunta está a avanzar nas obras de ampliación do Hospital Clínico, nas que está a investir máis de 70 M€, centradas actualmente na execución do edificio «C». Así, unha vez realizadas as escavacións e o baleirado, a demolición de muros existentes e o sostemento dos noiros, avánzase agora nas cimentacións do novo edificio.

Tamén vén de iniciar as obras do Centro de Protonterapia, ás que destina un investimento autonómico de preto de 20 millóns de euros. Cómpre lembrar que antes de iniciarse estes traballos e co fin de mitigar a falta de aparcamento derivada das obras, a Xunta habilitou un novo aparcadoiro con 141 prazas para os traballadores do hospital.

Pola súa banda, o Concello de Santiago tamén contribuíu a paliar a carencia de aparcadoiro coa posta en funcionamento, hai unhas semanas, de 151 prazas na parcela municipal de 3.000 metros cadrados situada na rúa Eira da Palleira, nas inmediacións do centro hospitalario.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%