Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Arzúa, 2 de maio de 2024. Este mes de maio, a Aula CeMIT de Arzúa ofrece unha serie de cursos e obradoiros deseñados para mellorar as túas habilidades tecnolóxicas e facerche máis competente no mundo dixital. Non perdas a oportunidade de aprender e avanzar coa seguinte programación:
Introducción á ofimática: LibreOffice Writer
Luns e mércores de 10:00 a 12:00 h, do 13 ao 22 de maio
Aprende a utilizar o procesador de textos LibreOffice Writer para crear e editar documentos de texto.
Coñece o teu móbil Android
Martes e mércores de 17:00 a 19:00 h, do 14 ao 23 de maio
Explora as funcionalidades básicas e avanzadas do teu smartphone Android e aproveita ao máximo o teu dispositivo.
Coñece a app móbil do Sergas
Martes 14 de maio de 10:00 a 14:00 h
Descubre como utilizar a aplicación móbil do Servizo Galego de Saúde para xestionar citas, consultar o teu historial médico e moito máis.
Coñece a sede electrónica do Concello de Arzúa
Martes 21 de maio de 10:00 a 14:00 h
Aprende a navegar e utilizar a sede electrónica do Concello de Arzúa para realizar trámites administrativos en liña de forma segura e eficaz.
Certificado electrónico
Martes 27 de maio de 10:00 a 14:00 h
Descobre todos os trámites en liña que o teu certificado dixital te permite realizar na administración pública.
Todos os cursos son gratuítos para os cidadáns de Arzúa. As prazas son limitadas, así que asegúrate de inscribirte canto antes enviando un correo a este enderezo:
cemit.arzua@xunta.gal co teu nome, apelidos e teléfono de contacto.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)