Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today30 abril, 2025
Veciños e veciñas de Conxo, xunto con activistas de Ecoloxistas en Acción, concentráronse este mércores na zona deforestada do bosque do Banquete, ás beiras do río Sar, para frear o avance das excavadoras nun espazo declarado Patrimonio Mundial pola UNESCO. A mobilización produce despois de que a Fiscalía Europea Anticorrupción abrise unha causa penal contra o Goberno galego por estas obras, aínda que a Xunta mantén a orde de continuar coa tala.
As organizacións denunciantes, Ecoloxistas en Acción e a Asociación Veciñal Conxo Aberto, esixiron que se decrete a paralización cautelar das obras para evitar danos irreparables ao ecosistema fluvial. A pesar das advertencias legais e ecolóxicas, as máquinas seguen a actuar na zona, o que aumenta a preocupación pola destrución deste bosque de ribeira, clave para a biodiversidade do Sar.
Os colectivos confían en que a presión social e legal force a suspensión inmediata das obras ata que se resolva o procedemento xudicial aberto pola UE.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)