AD

Comarca

Radio Líder recolle preguntas da veciñanza de Vedra para o especial ‘O alcalde responde’

today20 noviembre, 2025

Fondo
share close
AD

Radio Líder Santiago pon en marcha unha nova iniciativa de participación cidadá co especial “O alcalde de Vedra responde”, un programa no que o rexedor, Carlos Martínez, atenderá as preguntas, queixas e dúbidas de todos os veciños e veciñas do municipio.

As persoas interesadas poden enviar as súas consultas mediante WhatsApp ao número 633 57 17 65 ata o 26 de novembro. Todas as cuestións serán trasladadas ao alcalde, que dará resposta nun programa especial que se emitirá o xoves 4 de decembro ás 10:00 horas.

Con este formato, Radio Líder Santiago busca achegar a administración local á cidadanía e ofrecer un espazo directo e transparente para resolver inquietudes sobre o día a día do Concello de Vedra.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *