AD

Deportes

Raúl Rodríguez, campión galego de kumite júnior -61 kg

today6 octubre, 2026

Fondo
share close
AD

A Escola de Karate Dokkodo participou no Campionato galego cadete e júnior, celebrado este pasado sábado no pavillón municipal de Esteiro, en Ferrol. Raúl Rodríguez proclamouse campión galego de kumite júnior -61 kg, mentres que Martín Carballo e Santi Ribas participaron na categoría cadete -52 kg.

A Escola de Karate Dokkodo regresou este sábado de Ferrol cunha medalla de ouro no Campionato galego cadete e júnior, celebrado no pavillón municipal de Esteiro, nunha competición que reuniu aos mellores deportistas galegos destas categorías.

O gran resultado para Dokkodo chegou da man de Raúl Rodríguez Paulino, que se proclamou campión galego de kumite júnior -61 kg tras completar unha gran competición.

En cadete -52 kg participaron Martín Carballo e Santi Ribas, nunha categoría especialmente esixente pola presenza de varios dos deportistas máis destacados de Galicia.

Martín realizou unha boa competición, enfrontándose a un rival de moito nivel e sumando unha nova experiencia nunha categoría na que continúa progresando.

No caso de Santi Ribas, a súa participación estivo marcada por un combate moi disputado. Dende Dokkodo consideran que o resultado puido ser diferente, xa que varias accións que chegaron claramente ao opoñente non foron puntuadas e, no tramo final do combate, produciuse un agarrón que, segundo a valoración do árbitro central, debía ter suposto unha nova penalización para o rival. Finalmente, a acción non foi sancionada e Santi quedou fóra da competición.

Máis alá do resultado, desde Dokkodo valoran o traballo dos tres deportistas nun campionato desta esixencia e a experiencia acumulada de cara ás próximas citas que xa están aquí. O vindeiro sábado celebraranse as probas de selección para o Campionato de España cadete, júnior e sub-21, polo que Raúl terán unha nova oportunidade para seguir competindo ao máximo nivel.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *