Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Ocorreu nas rochas do embarcadoiro do peirao de Touro.
Un mozo foi rescatado por mar esta tarde tras sufrir unha caída nunha zona de rochas de difícil acceso en Ribeira. O ferido foi rescatado polos bombeiros e evacuado a bordo dunha lancha da Cruz Vermella ata o porto da localidade, desde onde foi trasladado en ambulancia ao Hospital do Barbanza.
O 112 Galicia recibiu o aviso poucos minutos despois das 19:00 horas, cando un particular alertou de que un neno caera nas rochas da praia e que, nese momento, o perdera de vista.
Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un amplo operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros e o GAEM de Ribeira e os Bombeiros de Boiro, así como axentes da Policía Nacional e Local. Tamén foron informados Salvamento Marítimo, o Servizo de Gardacostas de Galicia e os voluntarios de Protección Civil.
Unha vez no lugar, os equipos de emerxencia confirmaron que o rapaz non caera ao mar, pero permanecía nunha zona complicada nas rochas. Finalmente, os medios rescatárono e trasladárono a bordo dunha embarcación da Cruz Vermella.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)