AD

Comercio

Reunión entre o goberno de Ames e a directiva dos empresarios de Novo Milladoiro

today16 noviembre, 2023

Background
share close
AD
  • O alcalde de Ames, Blas García, xunto cos concelleiros de Urbanismo, Víctor Fernández, de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, e da concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, mantiveron unha xuntanza co presidente, Javier Santos, e outros representantes da xunta directiva da Asociación de empresarios do parque empresarial Novo Milladoiro
  • A xuntanza serviu para informar das actuacións relativas á humanización da N-550, así como do ramal de acceso ao polígono correspondente á mellora da intersección da estrada SC-20, PK 10+350 coa estrada N-550 PK 67+150, que foi aprobado definitivamente polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana no pasado mes de outubro
  • Blas García resaltou a importancia de “contar cun acceso de entrada e saída que permita ter un tráfico fluído na entrada do Milladoiro, xa que é un núcleo que está a medrar tanto en poboación coma no número de empresas, sobre todo, na zona de Novo Milladoiro”

Ames, 15 de novembro de 2023.- O alcalde de Ames, Blas García, xunto cos concelleiros de Urbanismo, Víctor Fernández, de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, e da concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, mantiveron unha xuntanza co presidente, Javier Santos, e outros representantes da xunta directiva da Asociación de empresarios do parque empresarial Novo Milladoiro para informar das actuacións relativas á humanización da N-550, así como do ramal de acceso ao polígono correspondente á mellora da intersección da estrada SC-20, PK 10+350 coa estrada N- 550 PK 67+150, que foi aprobado definitivamente polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana no pasado mes de outubro.

O alcalde de Ames, Blas García, e os concelleiros de Urbanismo, Víctor Fernández, de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, e de Promoción Económica, Ana Belén Paz, mantiveron unha reunión co presidente, Javier Santos, e outros membros da xunta directiva da Asociación de empresarios do parque empresarial Novo Milladoiro.

O obxectivo deste encontro foi informar aos empresarios das actuacións que se van levar a cabo no parque empresarial tras a licitación da humanización da N-550 ao seu paso polo Milladoiro, así como da publicación no BOE do anuncio da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia polo que se publica a resolución do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana pola que se aprobou definitivamente o proxecto dun ramal de acceso ao polígono empresarial mediante a mellora da intersección da estrada SC-20, P.K. 10+350 coa estrada N-550 P.K. 67+150. T.M. Santiago de Compostela.

Na reunión, o alcalde, Blas García, resaltou a importancia de “contar cun acceso de entrada e saída que permita ter un tráfico fluído na entrada do Milladoiro, xa que é un núcleo que está a medrar tanto en poboación coma no número de empresas, sobre todo, na zona de Novo Milladoiro, o que incrementa o número de vehículos que acceden e saen pola rotonda”, así como que “este proxecto é o paso previo a humanización prevista para a nacional N-550 ao seu paso polo Milladoiro, unha das prioridades do goberno municipal que permitirá facer do Milladoiro un núcleo máis habitable, saudable e amables para a veciñanza”.

Humanización da travesía do Milladoiro

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) ven de licitar por 5,1 millóns de euros un contrato de obras para a humanización da estrada N-550 entre os puntos quilométricos 67+075 e 68+600, na travesía de Milladoiro.

O obxecto das obras é mellorar a citada travesía, que pertence a un dos eixos principais da rede de estradas galegas. O tramo obxecto do proxecto trátase dunha vía con carácter urbano ao seu paso polo Milladoiro, núcleo importante dentro da área metropolitana de Santiago de Compostela, que conta con presenza de tráfico urbano, sendo necesario
adecuar o seu uso mediante a súa humanización, acougando o tráfico e adaptando a infraestrutura aos usuarios vulnerables. As actuacións previstas mellorarán a mobilidade da zona, facéndoa máis segura e sostible.

Novo acceso cara a zona norte do Milladoiro

Por outra parte, o Ministerio aprobou tamén o proxecto técnico para evitar o colapso da rotonda de entrada ao Milladoiro desde o periférico SC-20, mediante a apertura dun ramal que o conectará coa avenida Muíño Vello, a principal vía de acceso ao polígono Novo Milladoiro e á zona norte deste núcleo.

A solución técnica prevista permitirá evitar o paso pola rotonda principal do Milladoiro, tanto para os vehículos que circulan desde Compostela polo periférico como os que chegan pola AG-56, xa que o novo ramal enlazará desde a vía SC-20 coa autovía Santiago – Brión e continuará ata a avenida Muíño Vello. Este acceso evitará o paso pola rotonda e pola avenida Rosalía de Castro na entrada ao polígono. Dita obra ten un presuposto estimado de 592.196 euros.

Por parte da asociación de empresarios do parque empresarial Novo Milladoiro indicaron que para ter un tráfico fluído, o ideal sería o soterramento da rúa Porto de Conxo, de forma que se habilite unha saída directa á SC-20, é dicir, facer un túnel debaixo da rotonda de Santiago.

Por outra parte, volveuse retomar o proxecto de conexión da rotonda inferior do polígono coa AG-59, co estudo iniciado por Ingeniería del Noroeste, SL. Este enlace sería un gran alivio non só para o parque empresarial se non para o núcleo do Milladoiro en xeral.

Por último, falouse da revisión que está realizando o persoal da Concellaría de Obras e Servizos Básicos sobre o alumeado público do parque empresarial, e tamén da revisión que se vai facer proximamente sobre a sinalización do polígono empresarial, para ver se hai que repoñer algunhas sinais.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%