Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today23 febrero, 2026
O alcalde de Rianxo, Julían Bustelo, mantivo unha xuntanza de traballo co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, co obxectivo de abordar diferentes asuntos de interese prioritario para o municipio.
Durante o encontro analizáronse actuacións necesarias a curto prazo, así como proxectos estratéxicos nos que o Concello leva tempo traballando e que están chamados a transformar de maneira significativa o Rianxo actual. Segundo trasladou o rexedor, trátase de iniciativas clave para mellorar servizos, infraestruturas e calidade de vida da veciñanza.
A reunión serviu tamén para reforzar a cooperación institucional entre ambas administracións. O alcalde agradeceu ao presidente Rueda a súa “predisposición a avanzar nos asuntos tratados” e puxo en valor a importancia do diálogo e da lealdade institucional.
“Cando as administracións colaboran, con diálogo sincero e lealdade, quen gaña son os veciños e as veciñas”, destacou, incidindo na necesidade de sumar esforzos para dar resposta ás demandas actuais e aos retos de futuro do municipio.
Desde o Concello confían en que nos vindeiros meses poidan concretarse avances nos proxectos expostos, consolidando así unha folla de ruta compartida que permita seguir impulsando o desenvolvemento de Rianxo.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)