Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O Concello de Rianxo vén de recibir unha subvención da Consellería de Política Social e Igualdade por importe de 29.000€ aproximadamente para a posta en funcionamento dun Servizo de Atención Temperá.
Trátase dun servizo dirixido á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu entorno máis próximo, que ten como obxectivo fundamental darlle resposta ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento.
Con este servizo os nenos e nenas que presentan trastornos no seu desenvolvemento recibirán en Rianxo unha atención integral nun momento clave do seu desenvolvemento psicomotriz coa finalidade de que poidan adquirir habilidades básicas tales como falar, moverse, identificar obxectos ou persoas, potenciando as súas capacidades cognitivas e promovendo a súa completa integración no medio familiar, escolar e social, así como a súa autonomía persoal.
«Con este novo servizo seguimos ampliando e fortalecendo os nosos servizos sociais e poñemos o foco tamén nas necesidades dos nenos e nenas con trastornos no desenvolvemento», sinalou Julián Bustelo, o cal tamén detallou que o servizo estará integrado por tres áreas de atención que contarán con profesionais especialistas en logopedia, psicopedagoxía e terapia ocupacional.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)