AD

Comarca

Rianxo impulsa case 800.000 € en obras de mellora dos servizos municipais en varias parroquias

today28 enero, 2026

Fondo
share close
AD

O Concello de Rianxo vén de sacar a licitación dúas novas actuacións destinadas á mellora das redes de abastecemento e saneamento no municipio, cun investimento conxunto de máis de 285.000 euros.

En concreto, unha das obras corresponde á ampliación das redes de abastecemento e saneamento en Villanustre (Asados), cun orzamento de 194.386,50 euros, mentres que a segunda actuación permitirá a ampliación da rede de abastecemento de auga entre Corques e Outeiro (Taragoña), cun investimento de 90.713,70 euros.

Estas intervencións súmanse a outras importantes obras adxudicadas a finais do pasado ano e que está previsto que se inicien proximamente. Entre elas atópanse a segunda fase do proxecto de dotación das redes de abastecemento e saneamento en Vilas (Asados), cun orzamento de 194.386,50 euros, así como a ampliación das redes de abastecemento e saneamento en Meiquiz e Or (Leiro), que contará cun investimento de 208.785,50 euros.

Ademais, executarase a renovación completa do firme do vial de acceso ao Montiño desde a DP-7203, en Taragoña, cun presuposto de 102.952,85 euros, mellorando así a seguridade e o estado dunha vía moi utilizada pola veciñanza.

En total, o Concello de Rianxo mobiliza case 800.000 euros en obras de mellora dos servizos municipais, que se levarán a cabo nos vindeiros meses en diferentes aldeas e parroquias do municipio, reforzando as infraestruturas básicas e contribuíndo a unha mellor calidade de vida da cidadanía.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *