Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today3 diciembre, 2024
A Casilla, na parroquia de Araño, vai gozar dun importante investimento na mellora das súas infraestruturas. Os traballos xa comezaron para dotar a aldea de rede de abastecemento de auga, os cales contan cun orzamento de 132.470,80 €.
A actuación permitirá darlle servizo a todas as vivendas do núcleo e salvará o cruzamento da estrada autonómica a través dun topo para a conexión á rede existente. Ao remate da instalación da rede repoñerase o firme dos viais afectados.
A execución desta obra acompaña a outras xa en marcha como a dotación de redes de saneamento de abastecemento no lugar de Quintáns (Isorna) ou a dotación de redes de saneamento e abastecemento no lugar de Vilas (Asados), as cales encaran as súas últimas xornadas de traballos. Nas vindeiras semanas comezará tamén a actuación para a ampliación da rede de abastecemento en varios puntos da parroquia de Taragoña. Estas tres obras supoñen, en conxunto, case medio millón de euros.
O alcalde, Julián Bustelo, destaca “o esforzo inversor que está facendo o Concello con fondos propios, pero sobre todo con axudas da Deputación da Coruña, para mellorar as infraestruturas e servizos que se ofrecen aos veciños e veciñas de Rianxo. No que levamos de mandato levamos un moi bo ritmo de licitación e execución de obras, a pesar das limitacións de persoal existentes no departamentos municipais e dos contratempos xurdidos nalgunha das actuacións en marcha”.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)