Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O Concello de Rianxo está acometendo estes días unha actuación para a rehabilitación do acceso ás Tres Cruces e posta en valor do patrimonio natural e cultural do esteiro do Ulla.
A actuación conta cun investimento de 43.190€, IVE engadido, dos cales 38.877,30€ provellen dunha axuda á que accedemos a través da liña de subvencións para o embelecemento do litoral convocadas por Turismo de Galicia no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europeo NextGenerationEU.
Os traballos consisten, fundamentalmente, na nivelación e compactación con aporte de zahorra dunha gran porcentaxe da senda, pois o firme da mesma atopábase moi deteriorado
e mesmo resultaba impracticable nalgún tramo durante boa parte do ano pola acumulación de auga. Ademais, procederase a instalar unha pasarela de madeira tratada para facilitar a accesibilidade no treito final da senda.
Neste singular paraxe do esteiro do Ulla consérvanse importantes restos do patrimonio cultural que dan boa mostra da actividade socioeconómica que se desenvolveu ao longo do tempo. A este súmase o itinerario xacobeo “Ruta do Mar de Arousa e río Ulla” que discorre augas arriba polo río camiño de Compostela.
Esta paraxe acolle tamén importantes elementos do patrimonio natural galego. Un patrimonio digno de divulgar entre as persoas que a el se acheguen, dunha maneira respectuosa e non perxudicial, coa finalidade de xerar coñecemento mais tamén de sensibilizar á cidadanía da importancia de conservalo para as xeracións futuras.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)