AD

Comarca

Rianxo mobiliza máis de 900.000€ a amortizar a súa débeda comercial

today18 noviembre, 2024

Background
share close
AD

O Pleno do Concello de Rianxo aprobou o pasado xoves 14 de novembro, cos votos a favor de Rianxo en Común e do Partido Popular, mobilizar un total de 927.121,80€ a pagar facturas relativas a gastos realizados en exercicios anteriores.

Este crédito extraordinario, financiado con cargo ao remanente de tesouraría, permitirá afrontar o pago de centos de facturas pendentes de aboar, principalmente, por falta de dotación orzamentaria cando se efectuou o gasto.

En xullo de 2023, tal e como lembrou o alcalde Julián Bustelo, o total dos gastos sen dotación orzamentaria case alcanzaban os dous millóns de euros. “No último trimestre do ano 2023 destinamos 899.403,72€ a reducir este importe e adoptamos unha serie de medidas de contención do gasto coa finalidade de non seguir incrementando esa burbulla. Xa neste ano, aprobamos, despois de tres anos, un Orzamento Municipal actualizado e destinamos esta importante cantidade de diñeiro a amortizar completamente a débeda comercial xerado en exercicios anteriores”, explicou Bustelo.

“O noso compromiso é o de seguir saneando as contas municipais unha vez que conseguimos poñer orde nelas a través da aprobación do Orzamento Municipal”, engadiu o Alcalde, que adiantou que “é urxente aprobar medidas de incremento dos ingresos estruturais do Concello para non comprometer a nosa capacidade de investimento”.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%