AD

Comarca

Rianxo renovará a totalidade das luminarias do paseo marítimo

today22 octubre, 2024

Fondo
share close
AD

O Concello de Rianxo renovará a totalidade das luminarias do Paseo Marítimo ao longo dos vindeiros meses, a través dun proxecto que conta cun investimento de 95.000€ e co apoio da Deputación da Coruña a través do seu Plan Único.

O proxecto executarase en tres fases sucesivas e prevese que nos vindeiros días saia a licitación a renovación das primeiras 31 luminarias situadas entre Setefogas e A Carballeira. As luminarias actuais cambiaranse por outras de maior eficiencia enerxética que empregarán tecnoloxía LED.

O alcalde, Julián Bustelo, sinalou que “a falta de mantemento fixo que na actualidade boa parte das luminarias do Paseo Marítimo non funcionen, o que limita moito o uso deste espazo, particularmente nos meses de meses luz solar”.

“Con este importante proxecto substituiremos a totalidade das luminarias do Paseo Marítimo antes do vindeiro inverno, permitíndonos mellorar dunha maneira notoria un espazo moi empregado por todos os veciños e veciñas e un dos nosos principais reclamos turísticos”, engadiu o rexedor.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%