AD

Actualidad

Rock in Rian desvela os horarios dos 21 concertos do Festival que despide o verán en Galicia

today2 septiembre, 2024

Fondo
share close
AD

O festival Rock in Rian, que se celebra esta fin de semana en Rianxo, deu a coñecer os horarios dos 21 concertos programados. Este evento, que se consolidou como unha das citas musicais máis agardadas do verán en Galicia, promete despedir a temporada estival por todo o alto.

Se estás buscando gozar dos últimos festivais do verán en Galicia, aínda estás a tempo. Presentámosche cinco festivais que non podes perder, con concertos e artistas que prometen facer destes últimos días de verán unha experiencia inesquecible.

Aínda que os concertos arrincarán pola tarde, o venres pola mañá o auditorio municipal de Rianxo acollerá un acto especial aberto ao público, onde os escolares da localidade compartirán os seus traballos xunto a recoñecidos artistas galegos como Sés, Pauliña, Dios Ke Te Crew e Xurxo Souto. Durante este evento, tamén se presentarán os videoclips das cancións e o after movie do festival.

O festival abrirá as súas portas ás 18.30 horas do venres, 6 de setembro. A encargada de inaugurar esta edición será Sés, coa súa música reivindicativa ás 19.45 horas. Seguirana a banda valenciana de reggae Auxili ás 21.35 horas, Kaotiko ás 23.35 horas, Alamedadosoulna á 01.35 horas e A Duendeneta, que pechará a noite dende as 03.05 horas.

O sábado, Os Vacalouras abrirá a xornada ás 12.30 horas, seguido de Monoulious Dop ás 14.00 horas e Ceibarimas ás 16.00 horas. Louband encargarase de animar as rúas de Rianxo, mentres que Pauliña subirá ao escenario ás 19.45 horas, seguida de Mondra ás 21.05 horas. A noite continuará con Lamatumbá ás 22.45 horas, Dios Ke Te Crew ás 00.15 horas, os navarros Skabidean ás 02.00 horas e, novamente, A Duendeneta ás 03.30 horas.

O domingo, 8 de setembro, o festival pechará coas actuacións de Arquivo Adxunto (13.00 horas), Pecha a Cansela (14.00 horas), Broken Rope (16.30 horas), Kondusión Kolérika (17.30 horas), Amoebo (18.30 horas) e Zona Zero (19.30 horas). A cerimonia rematará co tradicional acendido do Facho Guadalupeiro.

Os abonos para os dous días do Rock in Rian están dispoñibles na páxina web oficial do festival ou a través de Woutick a un prezo de 30 euros máis gastos de xestión. Tamén se poden adquirir bonos diarios por 18 euros máis gastos de xestión. Non quedes sen a túa entrada para despedir o verán coa mellor música en Rianxo!

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%