AD

Actualidad

Rois abre o ximnasio municipal con novidades a partir deste luns

today4 septiembre, 2024

Fondo
share close
AD
  • No mes de setembro o acceso seguirá a ser gratuíto en horario de luns a venres de 9.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.30 horas
  • A partir de outubro, o acceso ao ximnasio continuará sendo gratuíto, pero será necesario dispoñer dun carné individual. Esta tarxeta terá un custe de 50 euros por temporada

Rois. 04-09-2024. O Concello de Rois abrirá este luns as portas o ximnasio municipal, ofrecendo novas vantaxes para os usuarios. Durante o mes de setembro, o acceso ás instalacións continúa a ser totalmente gratuíto e estará dispoñible de luns a venres en horario de 9:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 21:30 horas.

A partir de outubro, o acceso ao ximnasio será tamén de balde, pero será necesario dispoñer dun carné individual. Esta tarxeta terá un custo de 50 euros por temporada, garantindo así un control de acceso cómodo e seguro para todos os usuarios. Nos próximos días, o Concello informará detalladamente sobre o procedemento para adquirir este carné de acceso.

O horario durante o curso será de luns a domingo de 7:00 a 23:00 horas de xeito ininterrompido.

O ximnasio municipal de Rois segue apostando por ofrecer servizos de calidade á cidadanía, promovendo un estilo de vida saudable e activo, polo que animamos a todos os veciños a facer uso das súas instalacións.

Para máis información sobre o acceso e o proceso de obtención do carné, os interesados poden dirixirse ao servizo de Deportes no Multiusos.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%