AD

Actualidad

Rueda esixe agora ao Estado que recolla os pellets no mar para que non cheguen á costa

today9 enero, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

O presidente visitou esta mañá a praia de Espiñeirido, en Porto do Son (A Coruña), unha das praias ás que teñen chegado pellets do mercante Toconao

Rueda anuncia que a Xunta eleva a nivel medio o Plan de Contaminación Mariña Camgal

A Estrada (Pontevedra), 9 de xaneiro de 2024.- O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Goberno galego eleva a nivel medio o Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental (Camgal) co obxecto de que o Goberno central actúe no mar para evitar deste xeito que máis pellets cheguen á costa.

“Trátase de traballar e colaborar entre todos”, defendeu o mandatario galego sobre esta medida que deu a coñecer na Estrada (Pontevedra), tras visitar esta mañá a praia de Espiñeirido, en Porto do Son (A Coruña), unha da praias ás que teñen chegado estes residuos. Precisamente, salientou que máis de 200 profesionais da Administración autonómica, en colaboración cos concellos, están levando a cabo de forma monitorizada a limpeza destes pequenos plásticos en praias de 33 concellos. “A Xunta traballa cos concellos na limpeza das praias, o que lle pedimos ao Goberno central é que colabore tamén”, solicitou.

O presidente galego lembrou que a Xunta activou o plan Camgal o 3 de xaneiro, no mesmo día que o Goberno central lle comunicou esta vertedura por parte do mercante Toconao fronte as costas de Portugal. No entanto, aclarou que decidiu agora elevalo a nivel medio por ser o “requisito” por parte do Executivo estatal para colaborar na recollida destes residuos de plásticos. “A Xunta non ten ningún problema en facelo”, asegurou, pero fixo a “petición expresa” ao Goberno central de que leve a cabo os seus traballos e esforzos no mar —por ser onde ten competencias exclusivas— co obxecto de que, deste xeito, se impida que cheguen á costa “todos estes sacos que están no mar”.

“Hai sacos que non chegaron ás costas e o momento de recollelos é agora que está no mar e as correntes destes días van facelo todo máis fácil”, argumentou ao respecto, ao tempo que amosou o compromiso da Xunta en seguir traballando na recollida dos pellets e colaborando cos concellos, e incrementar os esforzos neste eido se é necesario.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%