AD

Comarca

‘Santas tapas’ servirá máis de 16.000 pinchos entre o 16 e o 20 de abril na Estrada

today7 abril, 2025

Fondo
share close
AD
  • Os consumidores de 18 a 25 anos poderán retirar dende mañá, na sede da ACOE, os cartóns de Tapa Xove para que o Concello subvencione a metade da primeira tapa que consuman en cada un dos 22 establecementos.
  • Haberá dous grandes premios de 1.000 euros, un de Hostaleiros da Estrada e outro da Asociación de Comerciantes.
  • Os locais divídense en 4 rutas, con 12 que se decantan pola Tapa Tradicional e outros 10 que servirán Tapa Innovación.

A Estrada, 7 de abril de 2025.- Catro rutas, 22 locais participantes e grandes premios en xogo. Concello e Hostaleiros da Estrada presentaron este mediodía a cartelaría e as tarxetas de participación para a duodécima edición das xornadas de degustación “Santas Tapas”, un evento gastronómico que se desenvolverá entre o mércores 16 e o domingo 20 de abril. Este ano chegan coa novidade da estrea da Tapa Xove, na que os consumidores de entre 18 e 25 anos abonarán a metade do importe na primeira tapa que degusten en cada establecemento, de xeito que para eles o custe sexa de 1,5 euros. O concello subvenciona a parte restante ata chegar ao prezo xeral das tapas, que será de 3 euros. A estimación que se baralla, atendendo á experiencia das edicións anteriores, é que se distribúan arredor de 16.500 pinchos. Nos últimos anos a media foi de 750 distribuídos por establecemento participante, con algúns deles superando amplamente o milleiro.

As persoas interesadas poderán retirar dende mañá, na sede da Asociación de Comerciantes da Estrada (ACOE), a cartilla para a Santa Tapa Xove, que esixe a acreditación do cumprimento do requisito de idade a través da presentación do Documento Nacional de Identidade (DNI). As demais cartillas estarán tamén xa dende mañá a disposición do público nos diferentes locais participantes. Os 22 establecementos divídense nas rutas Río Ulla, Río Liñares, Río Deza e Río Umia, combinando propostas das dúas categorías deste ano: Tapa Tradicional e Tapa Innovación.

Tamén os premios chegan con novidades. Aqueles que teñan na súa “folla de ruta” os selos de todos os establecementos participantes e, polo tanto, teñan probado as 22 tapas dispoñibles, poderán optar a dous grandes premios de 1.000 euros cada un. Un destes premios chega proporcionado pola Asociación Hostaleiros da Estrada e outro pola ACOE.

Nos dous casos, polo menos 500 euros serán para consumir nos establecementos adheridos a estes dous colectivos. A maiores, a organización reserva “moitos agasallos máis” para o público participante.

Tamén os clientes premiarán ao hostaleiros. Será a través das súas votacións para elixir á mellor tapa do certame. De igual xeito, votarase á mellor presentación, á mellor tapa tradicional e á mellor tapa innovación.

Cómpre lembrar que todas as papeletas terán que quedar depositadas nas caixas especificamente habilitadas nos establecementos participantes. Estes terán un horariomínimo para ofrecer as Santas Tapas aos seus clientes: de 12.00 a 15.00 e de 20.00 a 22.00 horas. Porén, queda a xuízo de cada establecemento ampliar este horario canto desexe.

Por categorías

Este ano os establecementos participantes nas “Santas Tapas” escollerán entre suxestións tradicionais ou as propias da chamada cociña de fusión. Na primeira modalidade inscríbense 12 establecementos, con outros 10 na segunda. Así, Na Ruta Río Ulla, Scala, O Café de Xulia e Oasis decántanse polos pratos tradicionais, con tapas de innovación en Eureka e O Mesón. Na Ruta Río Liñares as propostas están empatadas: O Candil de Silvia, Velis e As Tres Portiñas ofrecen tapas de innovación, mentres que Enredo, A Riala e 20 Berzas preferiron a cociña máis tradicional.

Na Ruta Río Deza, Bodeguiña, Malo Será e Central teñen tapa de tradición, con cociña de innovación en Salvaxe e A Lacena de Chucha. Finalmente, na Ruta Río Umia, O Lar, Lagoeiro e Florida compuxeron pratos de cociña tradicional, con propostas de innovación en Andalucía, Resistencia e Samaná.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *