Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today1 octubre, 2026
Á convocatoria pódense presentar as persoas que desexen obter o certificado de aptitude profesional para prestar o servizo de taxi como persoa condutora, asalariada ou autónoma, que estean en posesión do permiso de condución da clase B ou superior en vigor.
As solicitudes para participar nas probas deben realizarse a través da sede electrónica do Concello de Santiago no trámite “Obtención do permiso municipal de persoa condutora”, ou de forma presencial no Rexistro Xeral do Concello. O prazo finaliza o 18 de outubro.
Rematado o prazo de presentación de solicitudes, a Concellaría de Mobilidade aprobará a lista provisional de persoas admitidas e excluídas, que se publicará no Taboleiro electrónico de Anuncios do Concello de Santiago e na páxina web do Concello, concedendo un prazo de dez días hábiles para a presentación de emendas. Unha vez aprobada a lista definitiva de aspirantes, ditarase unha resolución na que tamén se fará pública a composición do Tribunal Cualificador. Entre a data de publicación da lista definitiva de persoas admitidas e a data de celebración do exame transcorrerán cando menos cinco días hábiles.
Proba
A proba para a obtención do permiso municipal de condutor consistirá nun exercicio por escrito no que se formularán un total de 15 preguntas tipo test, e ao que deberá darse resposta nun tempo máximo de 45 minutos.
O exercicio contará con dúas partes diferenciada. A primeira, constará de oito preguntas teóricas sobre a Lei 4/2013, do 30 de maio, de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia, o rueiro de Santiago,lugares de interese, primeiros auxilios, coñecementos contables e fiscais básicos e marco tarifario en vigor. Na parte práctica incluiranse sete preguntas relativas a itinerarios nos que se facilitará un punto de saída e un de chegada, debendo seleccionar a resposta que represente o percorrido máis curto, tendo en conta os sinais de tráfico, e os principais monumentos ou edificios de interese existentes no seu percorrido.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)