Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today1 octubre, 2026
Na comisión celebrada hoxe, o concelleiro de Mobilidade defendeu que a nova configuración da rede de transporte supón notables melloras, non só para a veciñanza de Santiago, senón tamén para a dos Tilos. Nese sentido, lembrou que a Liña 6, a máis utilizada da rede, terá unha frecuencia de 15 minutos, fronte aos 20 actuais. Tamén explicou que na actualidade “as liñas 6 e 12 suman un total de 29.895 expedicións anuais, o que supón un total de 109 expedicións diarias en xornadas laborables, fronte ás 39.389 expedicións anuais e 128 diarias que se prevén da Liña 6 no novo contrato”. Tamén espuxo que no ano 2025, a Liña 6 contabilizou case 165.000 usuarias nas paradas dos Tilos, fronte ás 11.000 da Liña 12, “que só ofrece seis servizos de ida e seis de volta, e só en horario de mañá”.
O concelleiro de Mobilidade explicou que “os cambios na rede de transporte de Santiago, tamén os que lles afectan aos Tilos, baséanse en criterios dos técnicos municipais e de Tussa e que teñen como obxectivo mellorar a cobertura territorial e a eficiencia do servizo”.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)