AD

a baña

21 Resultados / Página 1 de 3

Fondo
AD

Comarca

A Baña celebra o 7 de xuño a cuarta edición do Torneo de Xadrez

A cita é valedoira para o IX Circuíto Intercomarcal de xadrez Deputación da Coruña 2025 O campionato comezará ás 15:45 horas no polideportivo municipal As inscricións poderán realizarse ata o 6 de xuño a través do email torneos@galichess.com ou no teléfono 617 234 393 A organización repartirá ata 700 euros en premios A Baña. 13-5-2025.- O polideportivo municipal da Baña acolle o sábado 7 de xuño unha nova edición do Torneo de Xadrez Concello da Baña, que nesta ocasión será […]

today13 mayo, 2025

Comarca

A Baña busca que a Festa da Filloa da Pedra sexa de Interese Turístico de Galicia

O alcalde José Antonio Pereira Gil e a concelleira de Turismo Ana Pensado están a percorrer os establecementos comerciais da Baña para recoller apoios e sinaturas que avalen a candidatura da Festa da Filloa da Pedra como Festa de Interese Turístico de Galicia. Coa entrega das carpetas de recollida de sinaturas, o goberno local busca o respaldo da cidadanía e do sector para lograr este recoñecemento institucional, que destacaría a importancia cultural e turística dunha celebración que xa leva máis de 20 anos poñendo en valor a tradición, a gastronomía e a […]

today7 mayo, 2025

Comarca

A Baña reactiva o polígono industrial de Airoa tras 19 anos de espera e crea un plan de vivenda

O alcalde José Antonio Pereira Gil avanza en saneamento e auga, mentres o exalcalde do PP enfróntase a un xuízo por teléfonos municipais desaparecidos Redacción, 28 de marzo de 2025.- O Concello da Baña, situado a tan só 20 minutos de Santiago, está a puxar por atraer novas familias cun plan pioneiro: unha "bolsa de vivendas vacías" para aluguer, coa que o goberno local asume os trámites e ofrece seguros contra impagos. "Queremos que os veciños, moitos maiores, poñan as súas casas dispoñibles sen medo", explicou […]

today28 marzo, 2025

Actualidad

Mónica González, edil de Cultura da Baña: «Este ano queremos chegar ás 10.000 filloas»

A festa celébrase este domingo 16 de febreiro e busca a declaración de Interese Turístico de Galicia A Baña quenta motores para celebrar este domingo 16 de febreiro a súa tradicional Festa da Filloa da Pedra, unha xornada que fusiona gastronomía, cultura e tradición. Nesta 21ª edición, espérase superar as 10.000 filloas elaboradas en directo sobre as 30 pedras que estarán en funcionamento. Ademais, a festa contará cunha completa programación que inclúe música, unha ruta ciclista e obradoiros para os […]

today14 febrero, 2025

Comarca

A Baña subirá o lixo un 10%, en vez do 50% que fixa Sogama, para non prexudicar á veciñanza

  O alcalde asegura no pleno que buscará outros recursos para compensar o déficit Modificaranse as ordenanzas do IBI, IAE e ICIO para fomentar a creación de emprego e poder optar a máis subvencións Bonificarase o imposto de construción dos panteóns de San Mamede, como solicitou a Asociación de Veciños Outeiro Ratificado o convenio de cesión de terreos para a mellora do primeiro tramo do Camiño de Monelos A Baña. 27-11-2024.- O Pleno da Baña aprobou na sesión deste 27 […]

today29 noviembre, 2024

Comarca

A Baña celebará o seu Mercadiño de Nadal o 15 de decembro

• O Apalpador e Papá Noel, xuntos por primeira vez, visitarán o pavillón de San Vicenzo • CantoEncanto, grupos de gaita e pandeireta da Escola de Música Tradicional e o Mago Paco protagonizan a programación escénica • Unha ampla oferta de postos artesanais e produtos locais estará dispoñible para as compras de Nadal A Baña.27-11-2024.- O domingo 15 de decembro, o pavillón municipal de San Vicenzo converterase no escenario da novena edición do Mercadiño de Nadal da Baña, unha cita […]

today27 noviembre, 2024

Comarca

A Baña presenta un ciclo de monólogos dentro do programa Outono Cultural

As risas e o bo humor chegarán da man de pezas como ‘Monólogos 3 en 1’, ‘Marcho que teño que marchar’, ‘Vicio houbo sempre’, ‘E ti de quen ves sendo’ e ‘Enredadas’ A Baña. 16-09-2024.- O Concello da Baña, a través da Concellería de Acción Social, Cultural e Servizos á Cidadanía, presenta unha nova edición do seu programa Outono Cultural co ciclo Outono de Monólogos. As actuacións comezarán xa este venres 20 de setembro da man de Debullando Teatro e […]

today16 septiembre, 2024

Actualidad

A Baña celebra a Re-Volta na carballeira de Seilán o domingo 15 de setembro

A cita ten como obxectivo principal recrear o ambiente das antigas romarías dos anos cincuenta As Pandereteiras de Monte, a Escola de Música Tradicional da Baña, o Trío DeTres e o grupo de cantareiras Maianas amenizarán a xornada O vindeiro domingo 15 de setembro, o Concello da Baña celebra unha nova edición da Festa da Re-Volta na carballeira de Seilán. A cita ten como obxectivo principal recrear o ambiente das antigas romarías dos anos cincuenta, unha época na que a […]

today5 septiembre, 2024

Actualidad

A Baña pon a disposición da veciñanza a Conta Xeral de 2023

As persoas interesadas en revisalas deberán concertar unha cita previa a través do correo electrónico correo@concellodabana.gal O Concello de A Baña reafirma o seu compromiso coa transparencia e a boa gobernanza ao poñer a disposición da veciñanza todas as facturas de gastos e ingresos correspondentes ao exercicio 2023, así como a Conta Xeral do mesmo ano. Estas informacións estarán dispoñibles para a súa consulta na Casa do Concello, e as persoas interesadas en revisalas poderán facelo concertando previamente unha cita […]

today4 septiembre, 2024

AD