AD

a baña

25 Resultados / Página 2 de 3

Fondo
AD

Comarca

A Baña celebará o seu Mercadiño de Nadal o 15 de decembro

• O Apalpador e Papá Noel, xuntos por primeira vez, visitarán o pavillón de San Vicenzo • CantoEncanto, grupos de gaita e pandeireta da Escola de Música Tradicional e o Mago Paco protagonizan a programación escénica • Unha ampla oferta de postos artesanais e produtos locais estará dispoñible para as compras de Nadal A Baña.27-11-2024.- O domingo 15 de decembro, o pavillón municipal de San Vicenzo converterase no escenario da novena edición do Mercadiño de Nadal da Baña, unha cita […]

today27 noviembre, 2024

Comarca

A Baña presenta un ciclo de monólogos dentro do programa Outono Cultural

As risas e o bo humor chegarán da man de pezas como ‘Monólogos 3 en 1’, ‘Marcho que teño que marchar’, ‘Vicio houbo sempre’, ‘E ti de quen ves sendo’ e ‘Enredadas’ A Baña. 16-09-2024.- O Concello da Baña, a través da Concellería de Acción Social, Cultural e Servizos á Cidadanía, presenta unha nova edición do seu programa Outono Cultural co ciclo Outono de Monólogos. As actuacións comezarán xa este venres 20 de setembro da man de Debullando Teatro e […]

today16 septiembre, 2024

Actualidad

A Baña celebra a Re-Volta na carballeira de Seilán o domingo 15 de setembro

A cita ten como obxectivo principal recrear o ambiente das antigas romarías dos anos cincuenta As Pandereteiras de Monte, a Escola de Música Tradicional da Baña, o Trío DeTres e o grupo de cantareiras Maianas amenizarán a xornada O vindeiro domingo 15 de setembro, o Concello da Baña celebra unha nova edición da Festa da Re-Volta na carballeira de Seilán. A cita ten como obxectivo principal recrear o ambiente das antigas romarías dos anos cincuenta, unha época na que a […]

today5 septiembre, 2024

Actualidad

A Baña pon a disposición da veciñanza a Conta Xeral de 2023

As persoas interesadas en revisalas deberán concertar unha cita previa a través do correo electrónico correo@concellodabana.gal O Concello de A Baña reafirma o seu compromiso coa transparencia e a boa gobernanza ao poñer a disposición da veciñanza todas as facturas de gastos e ingresos correspondentes ao exercicio 2023, así como a Conta Xeral do mesmo ano. Estas informacións estarán dispoñibles para a súa consulta na Casa do Concello, e as persoas interesadas en revisalas poderán facelo concertando previamente unha cita […]

today4 septiembre, 2024

Actualidad

O Trail da Baña celebrarase o domingo 6 de outubro

As inscricións xa están abertas na páxina carreirasgalegas.com Conta cunha carreira absoluta de 28 quilómetros, un minitrail de 16Km, un trial promesa de 8Km e unha andaina non competitiva Poden participar todas as persoas que o desexen, federadas ou non O Trail da Baña chegará o domingo 6 de outubro á súa sétima edición, a primeira na que será puntuable para o ranking do Circuíto Galicia Trail Running Series, dependente da Federación Galega de Atletismo. O presidente deste organismo, Iván […]

today7 agosto, 2024

Actualidad

A Baña abre o sábado 22 de xuño a piscina municipal de Agra de Chans

A temporada de verán prolongarase ata o domingo 15 de setembro A entrada diaria custará 2 euros e será gratuíta para os menores de 14 anos Hai bonos quincenais de 15 euros e mensuais de 25 euros para unha persoa e de 45 euros para familias A Baña.13-6-2024.- O Concello da Baña anuncia a apertura da piscina municipal de Agra de Chans para o próximo sábado 22 de xuño. A instalación estará operativa ata o 15 de setembro, brindando a […]

today13 junio, 2024

Actualidad

Cobertura móbil 5G nas parroquias da Riba, Lañas e Cabanas, en A Baña

O alcalde, José Antonio Pereira, reuniuse co director de Amtega para apremialo a realizar as actuacións necesarias canto antes A Baña. 22-5-2024.- O alcalde da Baña, José Antonio Pereira, visitou onte a sede de Amtega en Santiago para reunirse co director deste organismo, Julián Cerviño, e apremialo a realizar as actuacións necesarias para dotar de cobertura móbil todos os lugares das parroquias da Riba, Lañas e Cabanas. Nesta xuntanza, o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) […]

today22 mayo, 2024

Actualidad

A Baña celebra o ‘Mes das Letras’ cunha homenaxe á exprofesora María Jesús Álvarez Ramos

O xoves celebrarase unha xornada de convivencia para o CPI A Baña en Agra de Chans coa actuación de Luis Vallecillo O venres 17, Día das Letras Galegas, homenaxearase á exprofesora María Jesús Álvarez Ramos na casa da cultura A carballeira de Seilán acolle o domingo 19 a Festa da Re-Volta A Baña. 8-05-2024.- No marco da celebración do Día das Letras Galegas, o Concello da Baña pon en marcha o Mes das Letras, un programa de actividades dirixido a […]

today8 mayo, 2024

Actualidad

Detenido un vecino de Santiago por varios robos y hurtos en A Baña

    Imagen: Guardia Civil La Guardia Civil de Negreira ha detenido a un hombre, vecino de Santiago de Compostela, por múltiples robos y hurtos en el concello de A Baña. Tras una serie de delitos contra el patrimonio que causaron alarma en la zona, la investigación llevada a cabo por la Benemérita permitió identificar al presunto autor y recuperar los objetos sustraídos. El detenido enfrenta cargos por dos robos con fuerza, uno de ellos en grado de tentativa, y cuatro […]

today25 abril, 2024

AD