AD

a estrada

84 Resultados / Página 2 de 10

Fondo
AD

Comarca

A Estrada presentará en FITUR a súa Ruta da Sidra

A Estrada, 19 de xaneiro de 2026.- O Concello da Estrada aposta este ano pola promoción da Ruta da Sidra na Feira Internacional de Turismo (FITUR), que arrinca este mércores en Madrid. Trátase da primeira vez que a sidricultura estradense se presenta neste escaparate internacional, cun proxecto que une a tradición do cultivo da mazá e da elaboración da sidra cunha clara vocación turística. A ruta será presentada en dous espazos clave: o mércores pola tarde no stand do Ministerio […]

today19 enero, 2026

Comarca

A Estrada incorpora o baile galego como actividade para os maiores de 60 anos

A inscrición abre mañá, 14 de xaneiro, e pecharase o día 20. O goberno buscou encaixe á actividade logo da petición unánime de 2025, cando o baile galego se programou como actividade temporal de substitución, da man de Tequexetéldere. A convocatoria chega con tres grupos e outros tantas quendas a escoller. Establécese un máximo de 20 persoas por grupo A Estrada, 13 de xaneiro de 2026.- Un ano atrás, o Concello da Estrada buscou no baile tradicional galego unha alternativa […]

today13 enero, 2026

Comarca

A Estrada incrementa en 3.000 € os premios do Entroido 2026 e duplica o primeiro premio do desfile do luns

A Estrada, 8 de xaneiro de 2026.- Antes mesmo de saborear o turrón, o Concello da Estrada comezou a preparar o Entroido 2026. Con estas celebracións practicamente a un mes vista, resulta preciso avanzar na organización dunha das festas máis importantes do calendario local. A concelleira de Cultura, Lucía Seoane, mantivo xa reunións con representantes de distintas parroquias en relación á súa participación na vertente máis tradicional do Entroido, que se deixará sentir nas rúas da capital estradense o martes […]

today8 enero, 2026

Comarca

A Estrada despide un Nadal que encheu as rúas de vida

A cabalgata de Reis volve atraer visitantes chegados doutros concellos próximos e a de Papá Noel continúa incrementando a súa afluencia. De cara a vindeira edición, o Concello valora incrementar as carrozas que acompañan o desfile do 24 de decembro. No ámbito cultural péchase un mes de programación con preto de 40 actividades. No plano deportivo, a San Silvestre e a San Silveira pulverizan as súas propias marcas en Fin de Ano e logran recadar máis de 1.200 quilos de […]

today7 enero, 2026

Actualidad

Vivenda, solo industrial e transformación do rural: as claves do balance anual do alcalde da Estrada

O alcalde destaca o inicio das obras da autovía, o impulso ao polígono industrial, os fondos europeos para o rural e un forte incremento do investimento en servizos sociais de cara a 2026 O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, realizou nos micrófonos de Radio Líder Santiago un amplo balance do ano que remata, definíndoo como “un ano de encamiñar proxectos clave” que marcarán o futuro do concello nos vindeiros exercicios. “Non paramos. Foi un ano de moita implicación, moito esforzo […]

today26 diciembre, 2025

Comarca

A Estrada presenta o Plan de Saúde Local 2026-2030 para reforzar a Atención Primaria

A Estrada, 15 de decembro de 2025.- O Concello da Estrada e o Centro de Saúde asinaron esta mañá o Plan de Saúde Local 2026-2030, un documento estratéxico que dá continuidade ao traballo iniciado en anos anteriores e que define as liñas mestras para mellorar a saúde da poboación a partir da realidade social e sanitaria do municipio. No acto de presentación participaron o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao Dono; o xefe de Atención Primaria no centro estradense, Juan Sánchez […]

today15 diciembre, 2025

Comarca

A Estrada ampliará a EDAR de Aguións, ao límite da súa capacidade

O Concello da Estrada asumirá a redacción do proxecto para a ampliación da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Aguións, unha infraestrutura inaugurada no ano 2005 e que na actualidade se atopa ao límite da súa capacidade. Así o confirmou o alcalde, Gonzalo Louzao, tras a reunión mantida na tarde do xoves coa conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez. O rexedor explicou que a depuradora estradense está infradimensionada, non só polo crecemento da poboación urbana, senón […]

today12 diciembre, 2025

Actualidad

Papá Noel Solidario na Estrada: diversión, solidariedade e esperanza para a Fundación Andrea

A Estrada prepárase para vivir unha xornada moi especial o domingo 14 de decembro, coa celebración da segunda edición do Papá Noel Solidario, unha iniciativa impulsada por Iván lorenzo e un grupo de voluntarios que destinarán todos os fondos recadados á Fundación Andrea, entidade que apoia a nenos con enfermidades graves ou terminais. “O custe total da entrada irá destinado á Fundación Andrea, que fai unha labor incrible”, explicou Iván durante a entrevista en Radio Líder Santiago. O evento contará […]

today12 diciembre, 2025

Comarca

A Estrada planta cara ao incivismo: multas de ata 600 € por deixar o lixo fóra dos contedores

Son conflitivas en puntos como A Baiuca ou na entrada o aparcamento público da Avenida de América e viñéronse detectando tras a reorganización dos contedores no casco urbano. O Concello reforzará as illas de Avenida de Santiago, Rúa Gradín e a carón da Praza da Inmaculada. A Estrada, 21 de novembro de 2025.- A Policía Local da Estrada activará unha vixilancia específica pare evitar que se depositen bolsas de lixo na rúa, unha actitude incívica que nas últimas semanas se […]

today21 noviembre, 2025

AD