AD

a estrada

107 Resultados / Página 9 de 12

Fondo
AD

Comarca

Gonzalo Louzao: “Hai 3.000 vivendas baleiras na Estrada e imos darlles uso”

Redacción, 29 de abril de 2025.- Hai un ano, Gonzalo Louzao colleu o bastón de mando do Concello da Estrada cunha mochila cargada de expectativas, retos e promesas. Un ano despois, fai balance dun tempo que define como “de transición ordenada”, mais tamén de impulso e planificación de futuro. Con só 30 anos, este novo alcalde combina a ilusión dun político novo coa determinación dun xestor que coñece o seu territorio e as necesidades dos seus veciños. “Vou dedicar os […]

today29 abril, 2025

Comarca

Actos vandálicos danan os aseos públicos recén reformados no Campo da Feira da Estrada

Os servizos aparecen co pé do lavabo arrincado e esnaquizado, xunto con outros deanos na instalación de fontanería destes sanitarios. A dependencias estrearon a súa reforma a finais de 2024, cando se resolveu a súa apertura os mércores e nos días de actividade neste entorno do casco urbano. A Estrada, 23 de abril de 2025.- A finais de 2024 o Concello da Estrada reabría, logo dunha importante mellora, os aseos públicos do Campo da Feira. Esta mañá os servizos de […]

today23 abril, 2025

Comarca

A Estrada regulariza os pagos a provedores e recupera a habitual solvencia económica

Un pleno extraordinario permitirá aprobar o recoñecemento extraxudicial de crédito para o pago de 1.478.280 euros en facturas pendentes. Con este abono o Concello da Estrada regulariza os pagos pendentes e correspondentes co exercicio 2024, tras a delicada situación que supuxo a demora no abono de fondos europeos por parte do Goberno Central. Boa parte da contía correspóndese con facturas de subministro eléctrico e de servizos de Sogama. A Estrada, 21 de abril de 2025.- O Concello da Estrada conseguiu […]

today21 abril, 2025

Comarca

Louzao: “Lonxe da parálise, este foi un ano de avances para A Estrada”

Xusto cando se cumpre un ano dende que tomou o bastón de mando da Estrada, o alcalde recoñece a intensidade e as vivencias destes 12 meses e amósase ilusionado polos proxectos nos que o Concello está inmerso. Renderá contas á cidadanía deste primeiro ano de mandato nun acto público e aberto programado para o sábado 26 de abril, no Teatro Principal. “Un cambio tan importante como é suceder a un gran líder serviu tamén para facer entre os dous un […]

today21 abril, 2025

Actualidad

O alcalde da Estrada, escollido polos alumnos do García Barros como entrevistado no “Fala que fala”

  Gonzalo Louzao regresa ao que foi o seu instituto e sométese ás preguntas do alumnado no espazo radiofónico co que Radio Líder, en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, promove o uso do galego. O rexedor recoñeceu que foi nestas aulas onde medrou a súa vocación pola política. A Estrada, 9 de abril de 2025.- O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao Dono, regresou esta mañá ás aulas do que foi o seu instituto, o IES Manuel García Barros. O […]

today9 abril, 2025 3

Comarca

‘Santas tapas’ servirá máis de 16.000 pinchos entre o 16 e o 20 de abril na Estrada

Os consumidores de 18 a 25 anos poderán retirar dende mañá, na sede da ACOE, os cartóns de Tapa Xove para que o Concello subvencione a metade da primeira tapa que consuman en cada un dos 22 establecementos. Haberá dous grandes premios de 1.000 euros, un de Hostaleiros da Estrada e outro da Asociación de Comerciantes. Os locais divídense en 4 rutas, con 12 que se decantan pola Tapa Tradicional e outros 10 que servirán Tapa Innovación. A Estrada, 7 […]

today7 abril, 2025

Comarca

A Estrada imporá sancións aos madeireiros tras os cuantiosos danos nas vías públicas

Os camiños estragados por vehículos pesados que retiran a madeira nos montes chegaron a impedir en Frades o paso dos equipos de extinción para intervir ante un recente incendio forestal. “Entendemos que a retirada ten que facerse por estas pistas, pero as empresas teñen a obriga de deixalas no estado orixinal”, di o alcalde. A Policía Local está facendo xa os correspondentes informes e tentará identificar ás empresas que traballan ou traballaron nas zonas nas que se rexistraron danos. A […]

today4 abril, 2025

Comarca

Treixadura actuará na Estrada o Día das Letras Galegas

  O mítico grupo ofrecerá un concerto nocturno o 17 de maio para pór o broche do Día das Letras Galegas, na Praza da Constitución. É a aposta estradense dentro do plan provincial que busca facilitar aos concellos a programación cultural e artística en lingua galega. A Estrada, 2 de abril de 2025.- O mes de maio chegará este ano novamente cargado de actividade no Concello da Estrada. Co arranque da tempada de pesca de salmón, tan famosa nos cotos […]

today2 abril, 2025

Comarca

A Estrada converterase esta fin de semana na sede do Campionato Galego de Bádminton

A proba autonómica dispútase na categoría absoluta, con competición entre as 09.00 e as 20.00 horas no pavillón municipal. Como opcións estradenses figuran Iziar Barcala, Raquel Miguéns, Rubén Comeron, Alejandro Penas e Pedro Brey. A Estrada, 26 de marzo de 2025.- A Estrada converterase esta fin de semana en sede para a unha nova edición, a número 46, do Campionato Galego Absoluto de Bádminton. O Concello, en calidade de anfitrión desta proba, porá este sábado a disposición da mesma as […]

today26 marzo, 2025

AD