Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Un peón resultou ferido de gravidade na tarde do mércores ao ser atropelado nun paso de peóns da rúa do Tambre, en Santiago de Compostela. O accidente rexistrouse ás 15.30 horas nesta vía que une o Cruceiro da Coruña co polígono industrial, na zona norte da cidade.
A Policía Local atendeu ese mesmo día outro atropelo na avenida de Lugo. Neste caso, o suceso produciuse ás 14.24 horas e a persoa afectada sufriu lesións leves.
A xornada deixou tamén un ferido leve nunha colisión entre dous vehículos na rúa Frei Rosendo Salvado, ocorrida ás nove da mañá.
Outros tres accidentes saldáronse con danos materiais: unha colisión no Hórreo ás 17.00 horas e dous sinistros nas rúas Ramón Piñeiro e Amio, ás 20.06 e ás 20.41 horas, respectivamente.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)