O alcalde de Vedra sobre a proposta de poñer unha data fixa para o Entroido: «As tradicións non se tocan»
O rexedor fala sobre os retos do Concello, a reforma do centro de saúde, o Entroido e os plans de futuro para Vedra O alcalde de Vedra, Carlos Martínez, pasou polos micrófonos de Radio Líder Santiago para facer balance do inicio do ano 2025 e adiantar os principais proxectos do Concello. Durante a entrevista, Martínez abordou cuestións como a necesaria reforma do centro de saúde, os festexos do Entroido, a aposta polo medio ambiente e os desafíos do goberno municipal. […]