Doval denuncia que a Deputación “leva meses dando voltas sen sentido” ao proxecto da Avenida da Grabanxa
O rexedor orosán acusa á Deputación da Coruña de bloquear a remodelación da Avenida da Grabanxa, un investimento de preto dun millón de euros, e anuncia que o Concello refará o proxecto cos seus propios fondos para evitar máis atrasos. O alcalde de Oroso, Álex Doval, expresou con claridade o seu malestar pola situación do proxecto da Avenida da Grabanxa, unha obra de case un millón de euros que segue “completamente estancada” por decisións da Deputación da Coruña. Así o […]