O Milladoiro acolle o “Ames Gaming”, unha xornada de lecer dixital para todas as idades
O alcalde, Blas García, sinalou que “Ames é un dos concellos máis mozos de Galicia, polo que este evento é moi importante facelo. O gran protagonista do Ames Gaming é a mocidade e dende o Concello e a Concellería de Mocidade estamos apostando por crear espazos de encontro para os rapaces e rapazas de Ames. Nesta xornada tamén se poderá participar en familia, e é bo que os rapaces coñezan o que facían seus pais cando eran mozos e viceversa: […]