AD

Comarca

O Milladoiro acolle o “Ames Gaming”, unha xornada de lecer dixital para todas as idades

today3 septiembre, 2026

Fondo
share close
AD

O alcalde, Blas García, sinalou que “Ames é un dos concellos máis mozos de Galicia, polo que este evento é moi importante facelo. O gran protagonista do Ames Gaming é a mocidade e dende o Concello e a Concellería de Mocidade estamos apostando por crear espazos de encontro para os rapaces e rapazas de Ames. Nesta xornada tamén se poderá participar en familia, e é bo que os rapaces coñezan o que facían seus pais cando eran mozos e viceversa: que os pais e nais coñezan os xogos que consumen os seus fillos e fillas”

A concelleira de Mocidade, Beatriz Martínez, destacou que “este será un evento para todas as idades no que se unen a tradición e a modernidade, facendo unha viaxe no tempo polas orixes da cultura dixital, para que os pais e nais lles amosen aos seus fillos as máquinas e xogos cos que eles medraron. A filosofía deste novo evento, que se vai a celebrar en Ames por primeira vez, ten un enfoque integrador. Os videoxogos e a tecnoloxía conviven co taboleiro e a historia da cultura dixital, nun ambiente dinámico pero non agresivo nin intrusivo”

Ames, 3 de setembro de 2026.- O Concello de Ames, a través da Concellería de Mocidade, acolle o vindeiro sábado 12 de setembro, de 12.00 a 20.00 horas, a primeira edición do evento “Ames Gaming”, unha xornada de lecer dixital organizada conxuntamente con Lúa Gaming, que busca crear un espazo onde o lecer e a aprendizaxe vaian da man. Durante todo o día combinaranse videoxogos, xogos de mesa, e a historia da cultura dixital. Todo, dun xeito accesible e non intrusivo, orientado ao público de todas as idades. O evento desenvolverase no pavillón polideportivo do Milladoiro.

Esta mañá, o Salón de Plenos da Casa do Concello acolleu a presentación da xornada de lecer dixital. A dito acto acudiron o alcalde de Ames, Blas García; a concelleira de Mocidade, Beatriz Martínez; e a técnica do departamento de Mocidade, Pili Villaverde.

O alcalde, Blas García, sinalou que “Ames é un dos concellos máis mozos de Galicia, polo que este evento é moi importante facelo. O gran protagonista do Ames Gaming é a mocidade e dende o Concello e a Concellería de Mocidade estamos apostando por crear espazos de encontro para os rapaces e rapazas de Ames”. O rexedor municipal tamén lembrou que “ese día tamén se inaugurará o Centro Multifuncional do Milladoiro, que conta cun espazo dedicado á mocidade, tanto interior como exterior”. Blas García rematou a súa intervención mencionando que “nesta xornada tamén se poderá participar en familia, e é bo que os rapaces coñezan o que facían seus pais cando eran mozos e viceversa: que os pais e nais coñezan os xogos que consumen os seus fillos e fillas”.

A concelleira de Mocidade, Beatriz Martínez, destacou que “este será un evento para todas as idades no que se unen a tradición e a modernidade, facendo unha viaxe no tempo polas orixes da cultura dixital, para que os pais e nais lles amosen aos seus fillos as máquinas e xogos cos que eles medraron”. A concelleira tamén fixo mención a que “a filosofía deste novo evento, que se vai a celebrar en Ames por primeira vez, ten un enfoque integrador. Os videoxogos e a tecnoloxía conviven co taboleiro e a historia da cultura dixital, nun ambiente dinámico pero non agresivo nin intrusivo”.

Por último, a técnica de Mocidade, Pili Villaverde invitou “a todas as persoas a que se acheguen ao pavillón municipal do Milladoiro”. A técnica tamén sinalou que “esta é unha iniciativa nova, na que o lecer e a aprendizaxe van da man. Contaremos cun espazo dividido en diferentes áreas de xogo para que tanto a mocidade e as familias gocen de clásicos e últimas novidades do sector”.

Primeira edición do “Ames Gaming”

“Ames Gaming” preséntase como unha xornada de lecer dixital no que o público de todas as idades poderá gozar de videoxogos e xogos de mesa nun ambiente de entretemento familiar. Deste xeito, o vindeiro sábado, 12 de setembro, o pavillón polideportivo do Milladoiro acollerá unha iniciativa diferente na que tamén se desenvolverán diferentes torneos.

Esta xornada está organizada polo Concello de Ames, a través da Concellería de Mocidade, en conxunto co equipo galego de esports e entretemento Lúa Gaming, do que son embaixadores Iago Aspas e Ana Peleteiro. Ademais, conta coa colaboración de Vella Escola Cultura Urbana, Faneka Gaming e Chafarís Compostela.

O espazo dividirase en varias zonas de xogo: xogos de mesa, arcade, retro, gaming e realidade virtual. No emprazamento de xogos de mesa, as persoas participantes poderán atopar dende os clásicos tradicionais ata as últimas novidades do sector. Haberá torneos, titoriais e guías expertas para introducir a todo o mundo nesta forma de lecer.

En canto á zona arcade, contarase con máquinas recreativas clásicas que ofrecerán unha experiencia retro, transportando aos usuarias e usuarias á época dourada dos salóns de xogos dos anos 90 e 2000. Algo similar á zona retro, que contará con consolas desta década de finais do século XX e comezos do XXI, evocando á nostalxia de aqueles que xoguen con elas.

A zona gaming estará equipada con consolas Nintendo Switch (modelos 1 e 2) e PlayStation 5, onde se celebrarán torneos de diversos videoxogos. Un ambiente que combina a competición saudable co entretemento, especialmente atractivo para o público máis novo. Por último, na zona de realidade virtual os e as asistentes poderán probar as últimas experiencias de realidade virtual e mixta.

Torneos de videoxogos

Outro dos atractivos desta xornada son os torneos. En total, durante todo o día, haberá tres competicións de tres videoxogos distintos: Brawl Stars, EA SPORTS FC 26 e Mario Kart. Para o primeiro, os premios acadarán os 90 euros. Para o segundo e o terceiro, a contía será de 40 euros, respectivamente.

Para poder participar nalgunha destas competicións será necesaria inscrición previa. Esta poderá realizarse a través do código QR do cartel do evento ou ben o propio día do “Ames Gaming” de maneira presencial.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *