AD

arzua

181 Resultados / Página 6 de 21

Fondo
AD

Comarca

A Deputación mantén o seu compromiso coa Festa do Queixo cun investimento de 120.000 euros

Arzúa, 20 de outubro de 2025.- A Deputación da Coruña e o Concello de Arzúa veñen de asinar o convenio de colaboración correspondente á 50ª edición da Festa do Queixo, celebrada o pasado mes de marzo, cun investimento provincial de 120.000 euros. A achega mantén así o reforzo iniciado o ano anterior, multiplicando por catro o apoio económico da Deputación respecto aos exercicios previos. O acordo foi asinado polo vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, e o alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, e permitiu […]

today20 octubre, 2025

Comarca

As obras da área de descanso da Fervenza das Hortas, en Arzúa, encaran a súa recta final

A concelleira de Turismo, Begoña Balado, visitou os traballos, que estarán rematados a finais deste mes, e salientou a súa importancia para reforzar o modelo de destino verde polo que aposta Arzúa Arzúa, 15 de outubro de 2025.- O Concello de Arzúa continúa avanzando na posta en valor dos seus espazos naturais e turísticos. As obras de acondicionamento da área de descanso situada na parroquia de Dombodán, na baixada á Fervenza das Hortas, progresan a moi bo ritmo e está […]

today15 octubre, 2025

Comarca

Arzúa anima ao comercio local a sumarse ao programa MercaNaVila da Deputación da Coruña

Begoña Balado, concelleira Turismo, Promoción Económica e Acción Urbana do Concello de Arzúa, fai un chamamento a todo o tecido comercial do municipio para que se sume ao novo programa. Unha oportunidade moi importante para dinamizar as vendas, fidelizar a clientela e reforzar o valor do comercio de proximidade Arzúa, 6 de outubro de 2025.- A área de Comercio e Turismo do Concello de Arzúa fai un chamamento a todo o tecido comercial do municipio para que se sume ao […]

today6 octubre, 2025

Comarca

Récord de inscricións nas escolas municipais de Arzúa con máis de 480 prazas cubertas

As escolas municipais seguen a gañar interese entre a veciñanza, cun aumento da participación ano tras ano Arzúa, 2 de outubro de 2025. O pasado 30 de setembro pechouse o período ordinario de inscrición das escolas municipais de Arzúa, organizadas polas concellerías de Cultura e de Deportes. O balance volve ser moi positivo: en total son máis de 480 prazas cubertas, un dato que non só reflicte o incremento nas matriculacións, senón tamén a ampla variedade de actividades elixidas pola veciñanza. Récord en deportes […]

today2 octubre, 2025

Actualidad

Nove axencias de viaxes e touroperadores estatais coñecen o potencial turístico de Arzúa

Profesionais do sector participaron nun fam trip organizado pola Deputación da Coruña en colaboración coa Concellería de Turismo, co obxectivo de coñecer o municipio e reforzar a súa proxección como destino Arzúa, 20 de setembro de 2025.- Arzúa foi hoxe escenario dun fam trip —unha viaxe de familiarización dirixida a profesionais do sector turístico— no que participaron representantes de nove axencias de viaxes e touroperadores estatais. A iniciativa, organizada pola Deputación da Coruña coa colaboración da Concellería de Turismo de […]

today20 septiembre, 2025

Comarca

O PP de Arzúa alerta do perigo da continuidade do servizo do SAF que o BNG nega

O Partido Popular de Arzúa denuncia publicamente a incapacidade de xestión do tripartito que goberna o concello, que unha vez máis deixa caducar un contrato esencial sen ter preparada a nova licitación, obrigando a improvisar e abrindo a porta a situacións irregulares que xa se sufriron no pasado. Segundo explicou o voceiro popular, Rafael Rivadulla, “estamos ante un novo exemplo de parálise administrativa: o contrato actual do Servizo de Axuda no Fogar remata o 15 de novembro de 2025 e […]

today17 septiembre, 2025

Arte y Cultura

Arzúa contará este venres cunha función de teatro da man do programa Camiño Escena Norte

Arzúa, 17 de setembro de 2025. O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que este venres, 19 de setembro, terá lugar no xardín da Casa de Correos a representación da obra teatral para público adulto Zozobra. A función comezará ás 20:00 h. da man da compañía asturiana La Roca Producciones – Acar Teatro del Mundo. A Condesa Dona Carmen e Alejandra, a súa inseparable serventa, son as protagonistas deste espectáculo de rúa. Tozudas e básicas transitan unha sentada […]

today17 septiembre, 2025

Actualidad

O centro de día de Arzúa avanza a construción da residencia, que abrirá en xaneiro

Arzúa conta dende o pasado mes de agosto cun novo centro de día que vén cubrir unha necesidade histórica na atención ás persoas maiores. O servizo, promovido por Severino Brea, ofrece unhas corenta prazas, das cales a metade xa están ocupadas, e funciona en pleno centro da vila, na rúa Carballos Altos, na saída cara Portodemouros. O inmoble dispón dunha superficie de 1.600 metros cadrados dentro dunha finca de 3.000, dos que 300 se destinan ao centro de día. O […]

today16 septiembre, 2025 2

Actualidad

Arzúa consolídase como destino turístico estratéxico en Galicia

A concelleira Begoña Balado destaca en Radio Líder Santiago o potencial gastronómico, cultural e paisaxístico do municipio, que está “de moda” a nivel nacional e internacional A concelleira de Turismo, Promoción Económica e Acción Urbana do Concello de Arzúa, Begoña Balado, defendeu nunha entrevista en Radio Líder Santiago, realizada por Sara Garea, o bo momento que atravesa o municipio como destino turístico, cultural e gastronómico. Balado asegurou que Arzúa está a vivir “un momento de gran proxección”, grazas á combinación […]

today14 septiembre, 2025

AD