Nace en Brión a Asociación Veciñal Pego-Sar para defender os intereses veciñais e o patrimonio rural
Un grupo de corenta persoas constituíu a Asociación Veciñal Pego-Sar nunha asemblea celebrada na Casa da Cultura de Brión. A nova entidade centrará as súas actividades na parroquia dos Ánxeles, concretamente en O Cabo, Cirro, Gándara, O Rial, Outeiro e Vilanova. Os estatutos da asociación, aprobados por unanimidade, establecen a súa independencia e neutralidade política, incluíndo a prohibición de que os membros da directiva se presenten como candidatos en procesos electorais durante o seu mandato. Entre os seus principais obxectivos […]