AD

bng

79 Resultados / Página 4 de 9

Fondo
AD

Comarca

O BNG esixe á Xunta a urxente mellora do transporte público en Dodro

  Reclama que se cumpra a iniciativa nacionalista aprobada no pleno municipal que recolle ampliación de liñas e máis bonificacións Dodro, 10 de decembro de 2024.- O BNG esixe á Xunta a mellora urxente do transporte público de Dodro coa ampliación de liñas e máis bonificacións, en especial para a mocidade. Demanda que cumpra os contidos da iniciativa do BNG de Dodro aprobada en sesión plenaria por maioría e que recolle, entre outras cousas, ampliar a frecuencia de autobuses entre Dodro […]

today10 diciembre, 2024

Actualidad

O BNG denuncia que a Xunta queira condenar a Touro e O Pino a un «desastre medioambiental e económico»

  Critica que volva tramitar o mesmo proxecto mineiro que foi denegado polo seu impacto ambiental A deputada nacionalista, Iria Carreira, di que o proxecto responde ao "modelo de expolio do PP" Touro, 29 de novembro de 2024.- O BNG denuncia que o PP está a promover de novo desde a Xunta de Galiza un proxecto mineiro que suporá un desastre medioambiental e económico para os concellos de Touro e o Pino, denegado hai dous anos polo seu impacto ambiental. […]

today29 noviembre, 2024

Actualidad

Europa continúa dando luz verde ao proxecto de Altri en Palas de Rei

Francisco Millán Mon defende a tramitación garantista do proxecto: “Hai que deixar traballar aos técnicos e aos expertos, que están a levar a cabo a súa tarefa de análise e avaliación con todo rigor” Adrián Vázquez: “En Europa teñen claro que a obsesión do BNG con Altri non ten nada que ver coa ecoloxía, senón que se trata dunha maneira pouco sofisticada de tentar desgastar a un Goberno que funciona” 24 de novembro de 2024. Os eurodeputados do Partido Popular […]

today24 noviembre, 2024

Actualidad

Ana Pontón, Noa Presas e Gustavo Barcia buscarán liderar o BNG na súa XVIII Asemblea Nacional

Santiago de Compostela, 21 novembro 2024.- O BNG pecha o proceso preasembleario coa presentación de tres candidaturas á XVIII Asemblea Nacional que terá lugar o vindeiro 1 de decembro en Santiago de Compostela, cita coa militancia que se celebra coincidindo co seu mellor momento social e electoral. As tres candidaturas presentadas están encabezadas por Ana Pontón, actual portavoz nacional; Noa Presas, deputada no Parlamento galego; e Gustavo Barcia, portavoz municipal no Concello de Mos. O Bloque chega a esta XVIII […]

today21 noviembre, 2024

Comarca

Esta é a condición do BNG de Ames para apoiar a humanización de O Milladoiro

A  Asemblea Local do BNG de Ames decidiu apoiar o proxecto da humanización de O Milladoiro sempre que inclúa a liberalización de peaxes da AP-9. Tamén  se confirmou a necesidade de desdobrar a variante Pardiñas-As Galanas así como remodelar a rotonda das Galanas como xa se comprometera o Ministerio O Bloque Nacionalista Galego (BNG) leva anos defendendo, con numerosas iniciativas institucionais, a necesidade de liberar a AP-9 de peaxes, un feito que aliviaría o elevado tráfico na N-550, especialmente no […]

today24 septiembre, 2024

Comarca

BNG advirte da ameaza que supón Altri para a declaración do Camiño de Santiago como Patrimonio da Humanidade

Santiago de Compostela, 18 de setembro, 2024.  A portavoz de Cultura do BNG, Mercedes Queixas, advertiu este mércores da “dobre ameaza” que suporía a instalación da macrocelulosa de Altri en Palas de Rei para o alto valor patrimonial, cultural e turístico do Camiño de Santiago. Por unha banda, asegurou, pode afectar á zona de amortecemento deste BIC e, pola outra, pode condicionar a declaración do Camiño como Patrimonio da Humanidade. No transcurso dunha pregunta ao Goberno do PP na Comisión de […]

today18 septiembre, 2024

Destacado

«O comercio ten que estar no centro da cidade, non en polígonos nas aforas»

Nunha entrevista este martes en Radio Líder Santiago, a alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, compartiu un balance positivo do verán, destacando a gran afluencia de turistas. A campaña informativa para concienciar sobre o coidado do patrimonio e a convivencia foi clave nun período de alta ocupación, con especial fincapé en garantir o respecto polo descanso dos veciños. “Queremos que Santiago siga sendo un lugar atractivo tanto para vivir como para visitar”, afirmou. Un dos temas máis destacados foi […]

today11 septiembre, 2024

Actualidad

O BNG do Pino reclama que os taxis do concello poidan operar no Aeroporto de Santiago

Presenta unha moción na que demanda ao goberno municipal que se dirixa á Xunta para que teñan dereito a recoller persoas nas instalacións Propoñen que se concedan permiso ao sector dun concello "no que está instalado unha parte importante do aeroporto e á que se lle quitaron de maneira inxusta" O Pino, 20 de xuño de 2024.- O BNG do Pino, a través do seu portavoz Xosé Luís Vidal Brocos, solicita ao goberno municipal que demande á Xunta a concesión de […]

today20 junio, 2024

Actualidad

O divulgador e activista da lingua, Carlos Vieito, novo concelleiro do BNG en Ames

O Grupo Municipal do BNG queda composto por Natividade González, Escarlata Pampín, Alexandre Espinosa, Rosalía Seijas e Carlos Vieito. Unha formación cohesionada e preparada para ser a alternativa de goberno que Ames necesita. “Únome ás miñas compañeiras e compañeiros do BNG para abordar as problemáticas do noso concello e darlles solución. Aportar o noso traballo e dedicación e poñelos ó servizo das veciñas e veciños para facer de Ames, un concello mellor” sinalou Carlos Vieito. Carlos García Vieito vén de […]

today31 mayo, 2024

AD