AD

bng

79 Resultados / Página 2 de 9

Fondo
AD

Actualidad

Pontón, ante o arquivo de Altri: “É o triunfo da cidadanía fronte ao franquismo industrial do PP”

Destaca “a vitoria da dignidade” fronte a un Executivo de Rueda ao que lle importaban máis os intereses dunha pasteira que o que lle dicían xs galegxs Pon en valor a capacidade da mobilización social para cambiar decisións de gran alcance: “Hoxe podemos dicir que o pobo é quen máis ordena” Santiago de Compostela, 20 febreiro 2026.- A portavoz nacional considerou o arquivo do expediente da macrocelulosa de Altri en Palas de Rei “un gran triunfo da cidadanía” e “a derrota […]

today20 febrero, 2026

Comarca

Pérez Barral propón crear nas Carolinas unha zona verde e estacionamento para a veciñanza

Recuperar o espazo das Carolinas e convertelo nunha zona verde pública con estacionamento gratuíto, co obxectivo de mellorar a calidade de vida da veciñanza e reforzar a actividade económica do barrio. Esa é a proposta que hoxe presentou o exalcalde e portavoz municipal do BNG, Luís Pérez Barral, quen a deu a coñecer acompañado polas concelleiras Antía Alberte, Veva Betanzos e polo responsable local Rafa Pazos. Hai arredor de quince anos, nesta zona do centro urbano había un espazo infantil […]

today12 febrero, 2026

Comarca

O BNG alerta sobre a situación extrema en que se atopa o Centro de Saúde de Santa Comba

O responsábel local, Juan David Sixto, participou nunha visita ás instalacións xunto con representantes do BNG e da CIG Lembra que, ademais dos problemas para as persoas usuarias, existe unha comunicación de risco laboral detectado sen que o Concello fixera nada para solucionar a situación Denuncia que, a pesar das reclamacións previas, a temperatura de traballo e atención a usuarias continúa a ser de 12º  Santa Comba, 4 de febreiro de 2026.- O responsábel local do BNG, Juan David Sixto, participou […]

today4 febrero, 2026

Actualidad

O BNG condena as novas sancións de Estados Unidos contra Cuba baixo a administración Trump

Santiago de Compostela, 3 febreiro 2026.- A Executiva do Bloque Nacionalista Galego (BNG) amplía a súa condena anterior para denunciar enerxicamente as dúas novas e graves medidas adoptadas polo goberno dos Estados Unidos baixo a administración de Donald Trump, que representan unha perigosa escalada da política de asfixia económica e agresión contra a República de Cuba. A Executiva nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG) manifesta a súa máis firme e rotunda condena polo recente aprofundamento do bloqueo económico, comercial e financeiro […]

today3 febrero, 2026

Comarca

Reclaman a humanización da N-550 ao seu paso por Escravitude, en Padrón

O Bloque Nacionalista Galego demanda ao Goberno do Estado a posta en marcha dun plan integral para a humanización da estrada N-550 ao seu paso polo núcleo de poboación de Escravitude, no termo municipal de Padrón. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, e a voceira municipal, Beatriz Rei, lembran que esta é unha demanda histórica da veciñanza que continúa sen unha resposta efectiva malia as reiteradas reclamacións realizadas nos últimos anos. A N-550 atravesa o núcleo histórico de […]

today22 diciembre, 2025

Destacado

O debate político en Santiago crece pola parálise no pago de facturas e incluso polo 25N

O espazo de análise política Hai Debate en Radio Líder Santiago reuniu este luns a representantes dos catro grupos políticos con presenza no Concello de Santiago para abordar dous asuntos que marcaron a actualidade municipal: a polémica protesta da CIG diante da sede do Partido Popular con motivo do 25N e a decisión do Pleno de non aprobar o pago de 1,3 millóns de euros en facturas atrasadas a provedores e autónomos. No debate participaron Xan Duro (Compostela Aberta), Marta […]

today1 diciembre, 2025

Destacado

Ana Pontón acusa ao PP de “corrupción institucionalizada” e propón unha tarifa eléctrica galega e banca pública

  A portavoz nacional do BNG participou nos “Almorzos do Gran Hotel Los Abetos”, emitidos por Radio Líder, nunha entrevista intensa onde abordou temas como a vivenda, a sanidade, o medio rural, a lingua, a economía e o modelo enerxético. Reivindicou políticas públicas para frear o declive demográfico, garantir servizos básicos e rematar co “abandono planificado” do rural. Redacción, 29 de outubro de 2025.- Nun momento político determinante, coa vista posta nas eleccións autonómicas, a portavoz nacional do BNG, Ana […]

today29 octubre, 2025

Comarca

BNG reclama ao Goberno transferir un tramo ferroviario en desuso ao Concello de Ames

De Fraiz até A Moniña: o tramo ferroviario abandonado no termo municipal de Ames que o BNG defende recuperar e pór en valor como senda verde peonil Néstor Rego reclama ao Ministerio de Transportes traspasar a titularidade do tramo e desenvolver actuacións necesarias para acondicionar este espazo Escarlata Pampín urxe o goberno local a cumprir o acordado entre BNG e PSOE para a aprobación dos orzamentos municipais e conseguir o traspaso Madrid, 27 de outubro de 2025. O Bloque Nacionalista Galego […]

today27 octubre, 2025

Actualidad

O BNG de Santiago responde con só dúas palabras ao intento de moción de censura

O voceiro municipal do PP e deputado autonómico, Borja Verea, confirmou en Radio Líder Santiago que continúa traballando “con luz e taquígrafos” para lograr unha moción de censura que permita un cambio de goberno na capital galega. Asegurou que Santiago vive “un colapso absoluto” baixo o executivo de Goretti Sanmartín (BNG) e propuxo un “goberno de emerxencia” con medidas urxentes en limpeza, transporte e vivenda. Tamén afirmou que “o importante non é quen encabece a moción, senón que Santiago volva […]

today10 octubre, 2025

AD