AD

boqueixon

72 Resultados / Página 2 de 8

Fondo
AD

Comarca

Boqueixón inicia as obras de mellora da Casa da Cultura de Camporrapado

Boqueixón, 24 de setembro de 2025.- O Concello de Boqueixón vén de iniciar as obras de acondicionamento da Casa da Cultura de Camporrapado, nas que inviste preto de 45.000 euros. Unhas actuacións que “permitirán ofrecer un espazo máis seguro, funcional e moderno para toda a veciñanza”, adianta o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato. As obras inclúen a reparación da cuberta e a limpeza e arranxo de canalóns e baixantes para evitar problemas de filtracións de auga, así como varias […]

today24 septiembre, 2025

Comarca

Boqueixón contará con dúas novas Casas do Maior, en Camporrapado e Lamas

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria visitou a sede da futura Casa do Maior Xunta resolve a convocatoria para a creación de 20 novas casas do maior, que sumarán 100 prazas gratuítas de atención diúrna Boqueixón, 15 de setembro de 2025.- Boqueixón contará con dúas novas casas do maior, concretamente nas parroquias de Oural e Lamas. Así llo confirmou esta mañá o director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, ao alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, durante […]

today15 septiembre, 2025

Comarca

Boqueixón convoca axudas para grupos de música tradicional do municipio

Boqueixón, 12 de setembro de 2025.- O Concello de Boqueixón vén de convocar o programa “Ponlle música 2025”, unha iniciativa dirixida a entidades e grupos de música tradicional no municipio e que ten como obxectivo contribuír á difusión e á promoción da música e do folclore local en Boqueixón durante o ano 2025. Unha iniciativa para a que o Concello destina 4.500 euros. Os grupos e entidades musicais de Boqueixón poderán solicitar axudas para financiar actuacións de música e/ou baile […]

today12 septiembre, 2025

Comarca

O Pico Sacro acolle este venres unha espectacular actuación da compañía Queiman e Pousa

Boqueixón, 11 de setembro de 2025.- O Pico Sacro acollerá mañá venres 12, ás 21:00 horas, un concerto-espectáculo da compañía Queiman e Pousa. Unha actuación que mestura tradición celta con música rock e que está organizado polo Concello de Boqueixón e a Xunta de Galicia. A entrada é totalmente libre e de balde. No espectáculo participan un total de once artistas, entre cantantes, músicos e actores. Durante preto dunha hora, ofrecerán unha posta en escena impactante, cunha coidada estética visual […]

today11 septiembre, 2025

Comarca

Boqueixón auditará a súa rede de saneamento para mellorar o servizo

Boqueixón, 2 de setembro de 2025. O Concello de Boqueixón vai realizar unha auditoría técnica da súa rede saneamento co obxectivo de seguir mellorando a calidade e eficiencia do servizo que se presta á veciñanza. Unha actuación na que se van investir preto de 15.000 euros. O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, salienta que “contamos cunha infraestrutura moi potente con 92 km de tubaxes, 14 novas depuradoras, 13 bombeos, unha nova EDAR e preto de 1.500 enganches á rede. Un […]

today2 septiembre, 2025

Comarca

Boqueixón licita máis de 140.000 euros en investimentos para mellora de pistas e accesos a aldeas

Boqueixón, 26 de agosto de 2025.- O Concello de Boqueixón vén de licitar dúas actuacións de mellora de pistas e estradas municipais que suporán un investimento de máis de 140.000 euros e cuxas obras darán comezo durante as próximas semanas. O primeiro proxecto inclúe a realización de ata vinte actuacións. Así, melloraranse os accesos en Deseiro de Arriba (Sergude), Vigo e Alboia (Lamas), Gastrar (Gastrar), Camporrapado, Rebordao e Mato (Oural), Vilar (Ledesma), A Quenlla (Sucira), Pedrouzo (Pousada) e Piñeiro de […]

today26 agosto, 2025

Comarca

Boqueixón abre o prazo nos servizos de Madrugadores e Tardes de Lecer

  O Concello de Boqueixón vén de abrir ata o 26 de agosto o prazo de inscrición nos servizos de conciliación Madrugadores e Tardes educativas e de lecer para o curso 2025-2026. Dous programas dirixidos a alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria, de entre 3 e 16 anos, empadroado en Boqueixón ou ben matriculado nun centro educativo do municipio. As actividades desenvolveranse nas instalacións do CPI Antonio Orza Couto. O programa Madrugadores ofrece servizo de acollida, coidado e vixilancia antes […]

today8 agosto, 2025

Comarca

Boqueixón inviste 500.000 € en 3 sendas peonís e a reurbanización do centro de saúde e os colexios do Forte

As obras permitirán crear unha contorna accesible e segura nunha das zonas máis transitadas do Concello, xa que inclúe o centro de saúde, o CPI Antonio Orza Couto e varios equipamentos deportivos municipais (polideportivo, piscina, campo de fútbol e ximnasio) Boqueixón, 15 de xullo de 2025.- O Concello de Boqueixón vén de iniciar as obras de construción de 3 sendas peonís e a reordenación do estacionamento e reurbanización de espazos na contorna do centro de saúde e dos centros escolares […]

today15 julio, 2025

Comarca

O Pico Sacro acolle este domingo a Cerimonia do Lume Sagrado

As persoas que desexen unirse ao séquito da Asociación Cultural O Castro da Fervenza poden solicitar un traxe no Departamento de Turismo de Boqueixón antes do venres Boqueixón, 18 de xuño de 2025.- O Pico Sacro de Boqueixón acollerá un ano máis a Cerimonia do Lume Sagrado, paralizada durante a pandemia e que se recuperou o ano pasado. Así, este domingo 22 de xuño, ás 13:00 horas, o monte ilicino acollerá unha celebración celta encabezada pola raíña Alda e o […]

today19 junio, 2025

AD