O alcalde de Padrón agradécelle ao cadro de persoal a súa implicación durante os días de temporal
Padrón. 29-1-2025. O alcalde de Padrón, Anxo Arca, tivo hoxe palabras de agradecemento para as traballadoras e traballadores municipais que durante estes días estiveron traballando arreo para minimizar os efectos do temporal, para garantir a seguridade e atender ás emerxencias que se produciron. Anxo Arca fixo extensivo este recoñecemento ao cadro de persoal das empresas privadas que se encargan do mantemento de diferentes servizos municipais. Nunha reunión celebrada este 29 de xaneiro no salón de Plenos, Anxo Arca conversou cunha representación […]