O Pico Sacro acollerá este domingo a Cerimonia do Lume Sagrado
As persoas que desexen unirse ao séquito da Asociación Cultural O Castro da Fervenza poden solicitar un traxe no Departamento de Formación, Emprego e Turismo de Boqueixón antes deste venres O Pico Sacro de Boqueixón acollerá este domingo 21 de xuño, ás 13:00 horas, a tradicional Cerimonia do Lume Sagrado. Trátase dunha celebración de orixe celta baseada na historia da raíña Alda e que recuperará de forma simbólica a tradición dos nosos devanceiros de obter o “lume sagrado” directamente do […]