AD

Comarca

O Pico Sacro acollerá este domingo a Cerimonia do Lume Sagrado

today17 junio, 2026

Fondo
share close
AD

As persoas que desexen unirse ao séquito da Asociación Cultural O Castro da Fervenza poden solicitar un traxe no Departamento de Formación, Emprego e Turismo de Boqueixón antes deste venres

O Pico Sacro de Boqueixón acollerá este domingo 21 de xuño, ás 13:00 horas, a tradicional Cerimonia do Lume Sagrado. Trátase dunha celebración de orixe celta baseada na historia da raíña Alda e que recuperará de forma simbólica a tradición dos nosos devanceiros de obter o “lume sagrado” directamente do Sol durante a festa do solsticio de verán.

O acto contará coa participación dos integrantes da Asociación do Castro da Fervenza de Callobre (A Estrada), que recrearán un antigo ritual celta para darlle a benvida ao solsticio de verán. Caracterizados como a Raíña Alda e o seu séquito, recrearán a obtención do lume directamente do sol. Para iso, mentres a Raiña Alda le a “alegoría do lume purificador”, o seu Druída empregará unha lupa do seu bastón para que o sol faga arder unhas fibras naturais de palmeira seca e piñas nun pebeteiro.

Recoller lume e participar no desfile

Finalmente, unha vez prendido o lume sagrado, todas as persoas que o desexen poderán recollelo para prender as súas fogueiras da noite de San Xoán. Para recoller ese lume é necesario levar unha candea ou un farol ao Pico Sacro.

Ademais, o Concello de Boqueixón ofrece a posibilidade de participar nesta cerimonia dun xeito máis directo: como integrante do séquito da raíña Alda, para o que emprestará os traxes de época a aquelas persoas que o desexen. Para iso, é preciso anotarse antes do venres 19 de xuño no Departamento Formación, Emprego e Turismo de Boqueixón, en boqueixonturismo@gmail.com ou chamando ao 981 513 061.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *