Begoña Balado reúnese coa nova directiva de AECA para coordinar as próximas campañas comerciais
A concelleira de Promoción Económica, Comercio e Turismo do Concello de Arzúa, Begoña Balado, mantivo este mércores unha reunión coa nova directiva da Asociación de Empresarios e Comerciantes de Arzúa (AECA), encabezada pola súa nova presidenta, Vanesa Pereiro, nun primeiro encontro de traballo destinado a estreitar lazos e reforzar a colaboración entre o Concello e o tecido comercial e empresarial arzuán. A reunión permitiu abordar xa algunhas das próximas accións de dinamización do comercio local, entre elas a celebración […]