AD

Comarca

Rianxo abre unha liña de axudas de 10.000 € para impulsar novas empresas e comercios

today6 agosto, 2026

Fondo
share close
AD

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) publica este xoves a convocatoria das novas subvencións promovidas polo Concello de Rianxo co obxectivo de favorecer a creación de empresas e comercios no municipio durante o ano 2026.

A iniciativa conta cunha dotación económica de 10.000 euros e está dirixida ás persoas emprendedoras que elixan Rianxo para iniciar a súa actividade empresarial. A convocatoria busca apoiar os primeiros pasos dos novos negocios, contribuíndo a dinamizar o tecido económico local e a fomentar a creación de emprego.

Entre os gastos subvencionables inclúense os traballos de acondicionamento do local, os gastos de alugueiro e subministracións, a adquisición de mercadorías, os servizos de xestoría e outros custos relacionados coa posta en marcha da actividade.

As persoas interesadas poden presentar desde hoxe a súa solicitude. Toda a información sobre os requisitos, documentación e prazos está recollida nas bases da convocatoria, publicadas no BOP.

Desde o Concello lembran que, para resolver calquera dúbida relacionada coa tramitación das axudas, as persoas interesadas poden dirixirse á Alcaldía, onde recibirán asesoramento sobre o procedemento.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *