Remata a reforma integral do pavillón de Santa Isabel tras un investimento de máis de 2,6M€
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, a concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, e o concelleiro de Obras, Xesús Domínguez, visitaron este mércores o complexo deportivo de Santa Isabel, que vén de rematar a súa reforma integral. A rexedora destacou que se trata dunha “obra moi imporante, cun investimento moi relevante que vai significar un antes e un despois”. A actuación acadou un investimento de 2,6 millóns de euros, dos cales máis de 2,3 millóns corresponden á axuda do Programa de […]